Por Antonio Elorza
19/11/2011
O "socialismo real" pasou a mellor vida en 1989, aínda cando os síntomas da súa decrepitude fosen visibles desde os anos setenta. Foi nesta última década tamén cando a crise económica puxo de relevo a inviabilidade das políticas keynesianas, que até entón fundamentaran o progreso económico e social nos países desenvolvidos. A figura do affluent worker, do traballador que alcanzara o nivel de vida das clases medias, o seu acceso á cultura e a protección do Estado de benestar, era a antítese do proletario miserábel do século XIX e de principios do XX. A socialdemocracia aparecía como grande triunfadora, ao promover as grandes reformas e a cidadanía social alí onde tivo o poder. Incluso as grandes mobilizacións sociais que acompañaron ao 68, as últimas do século, especialmente en países como Francia ou Italia, tiveron como referente esa situación de relativa opulencia, desde a cal buscaban proxectarse cara a unha nova sociedade. Era posíbel ser hippie, porque tamén era posíbel reintegrarse a vontade no mercado de traballo, mesmo compatibilizar ambas as cousas, como aquel novo profesor da miña facultade que se disfrazaba de contestatario para dar clase, mentres pola mañá lucía chaleco no seu despacho do ministerio.
Aquel tempo feliz desvaneceuse, e aínda que a socialdemocracia non sufriu a sorte do comunismo, o certo é que as súas posibilidades de supervivencia e afirmación fixéronse cada vez máis precarias. As profundas transformacións tecnolóxicas, ao determinar un volco nas relacións de traballo, privaron aos partidos e sindicatos reformistas tanto da súa base social de sempre como dos seus medios de acción tradicionais. Globalización, imperio do capital e imaxe xeneralizada de que este debe ser o referente privilexiado de calquera política económica, empuxan á socialdemocracia cara a unha posición estritamente defensiva respecto do Estado de benestar, alternando sobresaltos populistas con concesións de fondo, se as cousas en aparencia van ben. Aínda que a especulación indique o camiño do desastre, tal e como sucedeu aquí co boom do ladrillo, coa contrapartida iso si dunha efectiva defensa dos intereses dos traballadores en temas como a contratación colectiva e as pensións. Sen esquecer tampouco os avances na modernización das leis sociais. O balance é en todo caso claro: a última crise borrou un tras outro aos partidos socialistas europeos no poder.
O descenso aos infernos non significa que o papel histórico da socialdemocracia se esgotara. Todo o contrario, se temos en conta o que trae consigo a realización da utopía neoliberal, coa desregulación xeneralizada dos mercados e o desmantelamento do Estado de benestar. Lembremos que a última crise non tivo por orixe o relativo benestar dos traballadores, senón o auxe incontrolado dun capitalismo especulativo. A desigualdade económica disparouse até límites impensables hai unhas décadas e a masa de parados non constitúe o vello exército de reserva para unha nova fase de crecemento, senón só unha bolsa de pobreza, síntoma do malgoberno económico.
A socialdemocracia non pode limitarse a falsas solucións populistas, tales como o recurso suicida ao crecemento da débeda para conxurar os efectos da crise. As regras de xogo na UE están aí, só que a vía dos sacrificios debe verse acompañada por unha acción eficaz contra os privilexios, especialmente no terreo fiscal, promovendo reformas que alcanzan á propia UE: de pouco serve recortar pensións, se unha empresa como Zara pode eludir o noso sistema fiscal desde Dublín. É fácil para os poderosos facer recaer a carga impositiva de clases medias para abaixo mediante mecanismos de evasión fóra do alcance para quen dependen dunha nómina. En sentido contrario, unha política de equidade, construída sobre a idea central da democracia debe de ver nos cidadáns unha sociedade de iguais, debe partir dunha análise susceptible de distinguir entre o empresario que inviste de acordo coa lei e todas as formas subsistentes de privilexio para a propiedade. E para o Estado. Non se trata só de eliminar funcionarios, léase reducir médicos e profesores, senón de evitar a patrimonialización do sector público polo partido no poder e con iso a trama de relacións clientelares que se constitúen de forma ilegal ou alegal. Asumindo incluso as historicamente inevitables: privilexios fiscais de Euskadi e Nafarroa. Estenderémolos co "pacto fiscal" para Catalunya? Neoliberalismo e corrupción encaixan ben; para a socialdemocracia, ese vínculo leva á autodestrución.

No hay comentarios:
Publicar un comentario