"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 24 de abril de 2009

Un bosque cheo de faias...


Un bosque cheo de faias é unha historia sobre a violencia neonazi escrita por Francisco Castro. Un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na cidade: pintadas, agresións aos "diferentes", panfletos que invitan ao odio e á xenofobia... Mais axiña han centrar a súa carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de 15 anos que só desexa ter unha vida normal. Os seus amigos han loitar por lle poñer fin ao abuso e acabar coa persecución e a intolerancia que se centra sobre el. Un bosque cheo de faias é tamén unha historia de amizade, de intriga e de equívocos fatais. [Presentación editorial]

No hay comentarios: