Mary R. McHugh chora a morte do seu mozo, o sarxento do exercito norteamericano James J.Regan. Morreu o 9 de febreiro pasado aos 26 anos de idade, ao estourar un artefacto explosivo xunto o vehículo no que viaxaba. Participaba nunha operación no norte de Iraq. Tiñan previsto casar en marzo de 2008. Fotografía de John Moore.
Unha nai chora sobre o cadáver do seu fillo, Dhiya Thamer, de seis anos de idade. Morreu o 16 de setembro deste ano ao ser alcanzado nun fogo cruzado entre membros de Al Qaeda e milicias suníes. Ocorreu na cidade de Baquba, situada 60 kilómetros ao noreste de Bagdad, cando Dhiya voltaba cos seus pais de matricularse no colexio. Fotografía de Adem Hadei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario