"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 13 de mayo de 2007

Eu amo a Madonna



Confeso... non gustaba nada, nada de Madonna. Se acaso polo morbo da súa insolencia xuvenil... e a miña (daquela...mmmm). Co tempo (de Madonna e meu) fun reparando na súa traxectoria desde os comezos coma moza provocadora ate muller icono atemporal. Confeso que agora, con máis anos enriba, gusto moito da Madonna. No video que deixo aquí no caixón para o teu disfrute, interpreta un tema clásico "Im nin’alu" que é un dos moitos poemas xudaicos escritos no século XVII por Shalom Shabazi, un poeta natural do Yemen. O poema serve de base para "Isaac", unha canción do último álbum de Madonna, "Confessions on a Dance Floor". O mesmo tema fora xá gravado noutra versión, do ano 1985, pola voz da cantante israelí Ofra Haza, ela mesma descendente de xudeus yemenitas.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu penso que este amor por Madonna, obedece a túa entrada nos cuarenta e tantos......ja,ja.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Diálogo descompensado entre "etnico" e horterada.
Prefiro Subliminal aor ve hatzel.

Madona é un producto comercial, o que se precibe dela é un resultado sintético da industria músical, un secuestro da experiencia,unha estetización e como toda estetización fortemente ideoloxizada. Pero o peor é a pobreza imaxinativa, a burda fantasía que se desliza cara unha doada idolatría:
Madona dona leite

Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Foder................co Jimy de Rairo semella que acaba de facer unha tese doctoral.
Era máis doaddo dicer que ¡¡ NON ME GOSTA !!!