"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 29 de marzo de 2013

BNG e AGE referentes dos negacionistas



Unha das principais webs neonazis do mundo, defensora do "Orgullo branco", Unity of Nobility recolle a negativa de ambas as dúas formacións a condenar o Holocausto ("Holoinvento" na terminoloxía negacionista ainda que de momento o BNG e AGE non empregan este termo para negar o xenocidio nazi durante a IIGM) 

"Partidos españois non caen na propaganda israelí da Lembranza do Holoinvento". Con este titular, unha das principais webs internacionais de ultradereita, unityofnobility.com, refírese á decisión do BNG e de AGE de vetar a aprobación dunha Declaracións institucional no Parlamento galego condenando o Holocausto. "Os xudeus españois acusan a políticos de Galicia de bloquear unha resolución para conmemorar o Holoinvento porque se opoñen a Israel. (O mesmo acontece cos idiotas do mundo)". Sinala esta web negacionista e que a pesar de ser contraria aos movementos comunistas e de esquerda ve na actitude do BNG e AGE motivos para a loubanza. 

Salienta tamén que os voceiros do "partido esquerdista" AGE e do "partido nacionalista" BNG vetaron un proxecto de resolución que conmemora ás vítimas do que eles denominan "Holoinvento". Esta web recolle a información da axencia xudía de noticias JTA que faise eco da denuncia da Asociación Galega de Amistade con Israel sobre este veto. "Resolucións similares aprobáronse no 2010, 2011 e 2012 pero esta vez os representantes de AGE negaronse a aceptar a declaración en tres ocasións, tres intentos levados a cabo en diferentes reunións das Xuntas de Portavoces", apuntou Pedro Gómez-Valadés a JTA . Finalmente para loubanza da ultradereita xenófoba e negacionista europea o BNG e AGE consumaron a súa taxante negativa a condenar o Holocausto nazi a pesar de que no mesmo tamén foron asasinados centos de galegos 

A popular web de ultradereita tamén sinala que os departamentos de prensa destas dúas formacións non respostaron á solicitude da JTA para facer comentarios, mentras que Gómz-Valadés sinalou que, durante as conversas na Cámara, AGE e o BNG non apoiaron a declaración por considera "que o Holocausto é propaganda israelí". Posteriormente a que esta popular wen neonazi se fixera eco da nova, outros moitos portais da ultradereita europea como o tristemente coñecido Stormfront no que asinaba colaboracións regulares o neonazi noruegués Anders Behring Breivik, autor da masacre de 92 rapaces na illa de Utoeya no ano 2011 recolleron a nova e nos seus foros iniciouse unha intensa e activa participación dos lectores que deixou patente a ledicia do negacionismo europeo pola súa "vitoria" nunha "rexión española".

No hay comentarios: