"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 25 de diciembre de 2013

Germán Coppini

German Coppini na súa etapa de Siniestro Total nunha actuación no mítico programa da TVE, Musical Express. A verdade teño serias dúbidas de que hoxe en día alguén se atrevera con este tema…

lunes, 23 de diciembre de 2013

Dona Francisca nunca estivera aquí



Dona Francisca nunca estivo aquí. Esta é a primeira fotografía súa que aparece no lugar de lugares. Penseino ao reler a famosa frase de Andy Warhol na que afirmaba aquilo de que todos temos dereito aos nosos 15 minutos de fama na vida.
Pois ben, non serán só 15 minutos Francisca, esta foto estará aquí mentres o mundo teña luz eléctrica. E estou seguro de que a pesar do puñeteiro e cabrón mal que borra o nome, Maribel saberá contarte que tes unha foto túa - e moi guapa - tirada baixo o Sol morno de outono en internet.
Un bico na punta da orella.