"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







martes, 19 de marzo de 2019

Leonid Chizhik Trio / Baku / Soviet Jazz (1976)




Leonid Arkadievich Chizhik, é un xenial músico xudeu moldavo moi popular na Unión Soviéticas. Pianista virtuoso que combina a vértixe dun Art Tatum co doce e delicado toque dun Teddy Wilson.

lunes, 18 de marzo de 2019

Tatevik Hovhannisyan (Татевик Оганесян) / Soviet Jazz (1973)



A cantante de jazz Tatevik Hovhannisyan (Татевик Оганесян) coa Orquestra de Konstantin Orbelyan nunha fantástica "Variacións para voz e orquestra" (Вариации для голоса с оркестром) gravado en directo en Leningrado no ano 1973

domingo, 17 de marzo de 2019

Natella Boltyanskaya / Нателла Болтянская / Бабий Яр (Babi Yar) / Soviet...

Natella Savelievna Boltyanskaya (Нате́лла Саве́льевна Болтя́нская) é unha popular cantautora soviética/rusa de orixe xudía nada o 20 de maio de 1965 en Moscova. Xornalista de formación académica exerce de cantautora e presentadora de radio. Poeta con varios libros editados, as letras das súas cancións están baseadas nos seus propios poemas. Ten publicados catro álbumes. Moitas das súas cancións gozan de grande popularidade como as dedicadas a Nikita Khrushchev, Solomon Mikhoels, Anna Politkovskaya, a Babi Yar e a canción Gaechka ("Nut"), unha áceda crítica contra Vladimir Putin. Esta que aquí tedes está dedicada á masacre de Babi Yar, un barranco nas aforas de Kiev onde ducias de milleiros de xudeus foron asasinados nunha soa xornada durante o Holocausto.

viernes, 15 de marzo de 2019

Boris Savelev ou a melancolía do ollo soviético



Boriv Savelev é fotógrafo soviético (nado en Chernovitz, Ucraína no ano 1948, e que vive en Moscova) as súas fotografías capturan cunha Leica e dende hai tres décadas a Rusia profunda, desde a Unión Soviética aos tempos actuais O seu estilo é realista pero con moita preocupación pola luz e as formas. Deixo abaixo algunhas fermosas e melancólicas imaxes súas. 
A súa web: www.b-savelev.com e un magnífico artigo de Jesús León sobre  a obra de Boris Savelev:   https://www.xatakafoto.com/fotografos/boris-savelev-el-maestro-ruso-del-realismo-melancolico-mas-elegante


















viernes, 8 de marzo de 2019

Nadezhda Konstantínovna Krúpskaya


Nadezhda Konstantínovna Krúpskaya, a muller de Lenin e principal impulsora da celebración do 8 de marzo, do día da muller traballadora así como creadora da inmensa rede de bibliotecas públicas da Unión Soviética.

miércoles, 6 de marzo de 2019

8 de marzo / Muller / Israel / URSS / Alemaña

Cartaz do sindicato israelí HISTADRUT do ano 1949 no día da muller
Cartaz prohibido do ano 1914 co gallo do Día Internacional da Muller en Alemaña

Cartaz de 1941 da URSS no día da muller: O fascismo é o principal inimigo das mulleres