“Judíos,
Conversos e Inquisición en Tui” (2013) de Suso Vila
O
rico legado xudeo conservado na cidade de Tui impulsa este traballo
para tratar de comprender non só a presenza xudea na cidade medieval
senón e tamén todo o proceso posterior á expulsión en 1492 que
levou a conversión forzosa da minoría xudea penínsular e a
consecuente conflictividade social que posibilitou unha actuación
profunda e despiadada por parte do Santo Oficio.
A
comunidade xudea de Tui caracterizouse por contar con todos os
elementos propios para unha boa dinámica da comunidade: Cemeterio,
Sinagoga, Carniceiría. Xunto a isto os membros da comunidade tudense
ocuparon diferentes partes da cidade miñota nun reflexo da súa
integración na cidade episcopal.
A
expulsión dos xudeos ou a súa obrigada conversión refletiríase na
documentación capitular tudense. Os conversos que quedaron xunto cos
que viñeron a través de Portugal favoreceron agrupamentos e
relacións entre as familias conversas. As delacións ao Santo Oficio
provocadas por envexas e desconfianzas cara a un colectivo con gran
capacidade económica e política, traerá consigo numerosos procesos
inquisitoriais ao longo dos séculos XVI e XVII, cuxa testemuña máis
notable serán os Sambenitos da Catedral de Tui, únicos conservados
en España.
O
patrimonio histórico tudense tamén se nutre de elementos singulares
ademais dos tradicionais. Entre eles están o relacionado coa
comunidade xudea e conversa que aportaron un conxunto de obras e
elementos arquitectónicos (casas pertencentes á comunidade medieval
ou a Torre do Xudeo da muralla da cidade), a menorá do claustro
catedralicio, a pratería da catedral obra de prateiros xudeos e
conversos, ou os sambenitos como testemuña dunha época de
intolerancia e de obsesión pola unidade relixiosa.
Imaxe dunha Menoráh gravada na pedra do interior da Catedral de Tui
Quen é Suso Vila?
Xesús "Suso" Víla, é licenciado
en Xeografla e Historia pola UNED posgrado en Historia, Teoría e
Método das Humanidades e as Ciencias Sociais (USC). Master en
Lecturas sobre a Cidade Histórica Arte. Patrimonio Cultural e a súa
Xestión (USC) Ten publicado diferentes libros de arte, historia e
antropoloxía sobre a cidade de Tui e a súa bisbarra entre outros
“O Tui esquecido” (1999) “Pazos e Casas de Tui e Valença”
(2000) “Tui e Valença nos séculos XI a XV” (2001) “Antiguas
fiestas” (2003) “Xudeus e Conversos en Tui” (2004) “Corpo
Santo/San Telmo” (2009) Obtivo o segundo premio da Historia
Medieval de Galicia e Portugal 2006 polo seu traballo “A Cidade de
Tui durante a baixa Idade Media” e o Primeiro Premio de Historia
Medieval de Galicia e Portugal no 2009 polo seu traballo “A Casa de
Soutomaior 1147-1532”. Nestes momentos está a realizar a tese
doutoral sobre “Dinámicas urbanas en la frontera del Miño durante
el siglo XIX. Sociedad y arquitectura en Tui y Valença”. Participou tamén no video documental editado por AGAI "Percorrido polo Tui xudeu" (2012)
No hay comentarios:
Publicar un comentario