Por Afonso Vázquez-Monxardín
O comunicado de Ferrín,
literariamente, non estivo á súa altura. Esperaríase que un dos
principias creadores de mundos e mitos do país, ao dar un paso da
transcendencia de abandonar a Presidencia da Real Academia Galega,
encabuxado e sen finalizar o mandato, escribise unha peza literaria
tipo a Alba de Gloria de Castelao. Algo seu con arrecendo a Retorno a
Tagen Ata e Xaque mate sería perfecto. Pois non. A carencia de
intención literaria, creo, fala da falla de repouso na elaboración.
O escrito carece da conveniente progresión argumentativa e principia
dunha forma abrupta con escasa cohesión e coherencia textual:
'Mediante este escrito renuncio á presidencia da Real Academia e no
mesmo acto renunciarei á condición de membro numerario da
institución'. Presente ou futuro? Inclúe un agradecemento polo
medio ?mal situado, creo-, e conclúe de xeito asaz sobreactuado con
agradecemento irónico, unha invocación aos 'poucos días que me
resten de vida' e uns berros patrióticos. En fin, se alguén vise
unha dimisión da presidencia da RAE rematada cun Viva España!
pensaría que as tropas neonapoleónicas estarían baixando pola
Castellana. E por sorte, nin a saúde de Ferrín ten dúbida, nin se
esperan a Soult e a Ney, nin que haxa representación de traxedia
grega ou opera bufa na rúa Tabernas.
Creo que a forma do texto indícanos máis un exabrupto que unha reflexión. Cousas que acontecen, se cadra, porque a xestión de instancias de poder con contestación libre, preguntas, transacións e acordos como parte da cotidianeidade, adoita ser complicada.
E ninguén nos pode facer isto. Os que estamos a pé de obra no ensino, por exemplo, e afirmamos co traballo cotián a existencía dunha nación cultura cun corpo e institucións de seu, desacougámonos ante o desprestixio que supón introducir na enésima fenda cultural sospeitas, infundios, soños conspirativos que abanean o feble e volátil sistema cultural galego. Nestes tempos de ansiada transparencia -non me gusta a palabra, pero non topo outra- na que ata os profesores devolven os exames corrixidos aos alumnos para que revisen as sumas das cualificacións, debe fluír a caneiro cheo a información privada e pública sobre canta cuestión se presente. E non se poden, creo, tomar medidas drásticas, con implicacións moito máis alá do persoal. A Academia Galega será Real, pero non absolutista. O seu presidente e cada un dos académicos teñen reponsabilidade ante o seu país, ante a súa xente. E a súa xente non son só amigos literarios ou políticos, senón a nación de todos os nados neste recuncho do mapa.
En fin, que a cousa non ten moita volta. Deben acougar os ánimos porque non hai tanto país para tan pouco tema e non podemos parar tanto tempo porque haxa ameazas de trebón. Ferrín debe explicar o que teña que explicar e seguir, se quere, como queremos moitos, na Presidencia ata a fin do seu mandato.
En calquera caso, por fidelidade á institución, ás xentes e ao país, ninguén debe socavar o pé da árbore nin galopar cara á terra de ningures.

No hay comentarios:
Publicar un comentario