"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 9 de diciembre de 2012

Ao pé feito...


Unha boanova de ano vello. O novo traballo -ainda que con temas vellos- de 7 Luvas que podes descargar de balde ao pé deste post. Quen é 7 Luvas? Sen dúbida gran unha banda de culto. Xan, editor de Rock e Navallas cóntao moi ben...
UNHA LEMBRANZA MERECIDA: 7 LUVAS
Hoxe son un grupo de culto. No Barbanza fóronno dende o principio; dende que en Radio Noia se empezou a escoitar a historia de "Rula e Machotiño", transformando a musica de Dylan en unha épica novela onde se remexian trapicheiros, gardas civis, travestidos, mariñeiros e demais persoaxes coincidentes na extinta Via Rapida. 7 Luvas foi unha banda transformadora e revolucionaria no senso estricto da palabra. Primeiro polo risco sempre evidente de usar o galego no rock; despois por poñer en sonido versions dos grandes, dende o mentado Dylan, a Springsteen, Leonard Cohen, ou mesmo o "Zeca" Afonso; mais ainda porque non se sometian a unha versión en galego estrita do tema orixinal, senon que inventaban as historias facendo letras completamente diferentes as orixinais: adaptabanas a realidade cotián da rúa e das suas vivencias; pero cecais o mais perigoso fora que todos os seus traballos editados... NON SE VENDIAN nas tendas, senon no propio circuito das saas onde actuaban...para mais tarde, xa na era de Internet, poñer os seus discos a disposición de quen o quixera completamente de balde.Foi a principios dos 90 cando Fredy, non xa un seguidor de Dylan, senon cecais un dos mellores estudosos de todo o mundo da vida de Dylan, o que encarrilou o proxecto 7 Luvas; Fredy éra capaz de imitar perfectamente en galego a entonación, o xeito de interpretar, de moverse, de alongar as frases tal e como fai Dylan, sen que fora algo que estivera fora de ton; con Ramón a guitarra electrica, Manolo ao baixo, Luis a bateria, Sera multiinstrumentista e o propio Fredy a guitarra acustica estaban formados os 7 Luvas. Non sei si lembro ben, pero coido que no ano 91 conseguiron viaxar a Stockport,en Manchester para actuar en unha Convención Europea sobre Dylan.
Hoxe, escoitando os discos da banda, sorprende saber que toda a edición dos traballos fora artesanal e caseira, grababan na casa de Fredy co escaso equipo que tiñan; nembargantes si oides a versión de "Backstreets" (Calexons) de Springsteen captaredes o espiritu da orixinal dende outra perspectiva diferente a pesares de non perdervos no tema; "Na casa de Maruxa","Cheos de desazon", "Mariquiña·, son temas que estan presentes no seu primeiro traballo "Pirata", electrico e palpitante, intimista e solidario, fresco e sorprendente. Dous traballos mais, "Que tomas" gravado ao vivo, e "Nu", mais intimista completan a discografía oficial do grupo, ao que se engadiu posteriormente outro mais "A pé feito" grabado con temas de mediados dos 90. Todos os tedes a vosa disposición na paxina doa banda: http://www.7lvvas.net/ onde podedes ver e escoitar, asi como baixar e descargar todo o que queirades. Merece a pena. De verdade.

No hay comentarios: