Jaime Vándor*, naceu en
Viena un 26 de febreiro de 1933, un día antes da queima do Reichstag
alemán. Como consecuencia da anexión de Austria polo Terceiro
Reich, toda a súa familia, tivo que fuxir a Hungría. En 1940, o seu
pai emigrou a España coa esperanza de poder reunirse alí máis
adiante coa súa muller e os seus dous fillos; con todo, o peche das
fronteiras impediuno e eles tres tiveron que ficar en Hungría,
amoreados no chamado gueto de Budapest. En 1944 os alemáns ocuparon
Hungría e miles de persoas foron deportadas aos campos de
exterminio, entre elas grande parte da famila dos Vándor.
Jaime, a
súa nai e o seu irmán esquivaron este destino grazas á actuación do embaixador español en Hungria,
Angel Sanz Briz, quen ignorando as autoridades filonazis franquistas e a súa complicidade co goberno alemán, arriscou a súa carreira e conseguiu salvar da deportación a máis de 5.200 xudeus
refuxiados nas dependencias da Embaixada de España. Despois de moitas vicisitudes,
no ano 1947, xa en plena posguerra española, o tres conseguiron
chegar finalmente a Barcelona onde desde aquela traballou e viviu ate
hoxe. Jaume Castro mantén neste libro unha intensa e reveladora
entrevista con Jaime Vándor. O lector de hoxe sentirase
inevitabelmente conmovido pola traxectoria vital do protagonista. O libro escrito orixinalmente en catalán, está tamén xa publicado en español. Pódes ler un texto do libro AQUI:
EDITA VIENA EDITORIAL
AUTOR | Jaime Vándor | |
PÁXINAS | 128 | |
PVP | 16,00 € | |
ISBN | 978-84-8330-724-3 |
* Jaime Vandor é socio de Honra de AGAI e autor do texto da Declaración Institucional en Memoria do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto, aprobada polo Parlamento de Galicia nos anos 2010, 2011 e 2012 e vetado de xeito inxustificábel no ano 2013 polos grupos do BNG e AGE (Anova+IU).
No hay comentarios:
Publicar un comentario