"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 21 de abril de 2013

Están seguros os nosos cartos?



Mañá martes día 23 de abril ás 20:00 horas en Vigo unha moi interesante Conferencia-coloquio: "Están a salvo os nosos cartos?: Crise Bancaria, Aforro e Produtos Financeiros​" Na mesma participarán Manuel González López. Profesor doutor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e Xoán Antón Pérez-Lema. Avogado e representante de AGAPROFI (Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros). A conferencia será no Auditorio da antiga Reitoría (rúa Areal, 46)

Lembrar que Xoán Antón Pérez Lema ven de gañar o primeiro xuizo de anulación de preferentes na provincia da Coruña. A sentenza declara a nulidade do contrato de adquisición de participacións preferentes Novacaixagalicia na contía de 28.000 euros, e na sentenza o Xulgado decretou a nulidade do contrato e, xa que logo, condenou á citada entidade bancaria a devolver á demandante os citados 28.000 euros, máis os xuros legais que correspondan, incrementados en dous puntos. 

Tal é como están os tempos é indibid´ñabel que a conferencia e posterior coloquio pode ser de grande interese práctico para coñecer un pouco máis da situación actual do sector financeiro

No hay comentarios: