"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







jueves, 14 de febrero de 2013

Slowly. You Know...












Un ano exacto máis un día despois da saída de Esquerda Nacionalista do BNG e na que fora a primeira escisión do Bloque dunha serie posterior e que deu lugar a varias formacións. Aquel día hai un ano (máis un día) Esquerda Nacionalista decidiu disolverse e integrarse en +G (agora xa Compromiso por Galicia).

Pois xusto un ano despois deixanos por sorpresa Mavera. Xoán Manoel Rama Trillo. Coma pequeno homenaxe colgo aquí as únicas imaxes inéditas ate hoxe que teño daquela derradeira Mesa Nacional na que EN tomou a decisión de deixar por fin o Bloque e colgo tamén un artigo (grazas unha vez máis Mavera) publicado no ano 2007 no xornal El Correo Gallego e asinado por el. 

E non sei que dicir. Porque ela, a Morte, sabe que nunca será benvida, e sempre castígame deixándome sen palabras, só cun rebumbio de imaxes e lembranzas. De Memoria. 

Foron moitos anos de compartir moitas batallas perdidas, de compartir acertos e tamén erros.  Deica sempre Mavera. Slowly, You Know...

CARTA ABERTA A CARLOS AYMERICH

XOÁN MANOEL RAMA TRILLO* 

Prezado Carlos: Hai uns días lin no xornal semanario A Nosa Terra un artigo teu encamiñado ao compañeiro Pedro Gómez-Valadés e a súa ( mais tamén doutros compañeir@s do BNG, entre outros) Asociación de Amizade Galiza-Israel. Non querendo igual que ti entrar no conflicto palestino-israelí, aínda que si tendo unha posición persoal de apoio á resolución do conflicto, o antes posí bel, por acordo de ambas partes; xa que, desgraciamente, se converteu nun conflicto con demasiadas variábeis para dicer todo é negro ou branco; eles teñen que buscar o acordo, e nós apoialo, afastándonos de sermos máis papistas que o Papa (moi español, por outro lado). Semella que en algo andan e agardo que cheguen ao entendemento axiña e non devagariño, moitos sofren tal dilación. 

Carlos, noutros lugares do mundo hai multitude de conflictos, e con todo a nosa posición como BNG é e foi sempre apoiar e respectar o acordo entre as partes como mellor solución a ditos conflictos ( Ex. Euskadi- España, Irlanda- Gran Bretaña, Córsega-Francia ...). 

Mais vaiamos ao que quixera compartir contigo no tocante ao conflito Pedro Valadés. Como ben sabes, que che vou explicar... Es administrativista da Escola do Meilán Gil (Opus Dei), polo que non se che escapa a diferencia entre a forma e o fondo dos asuntos. Nas formas, até o de agora, "cero patatero", para aqueles e aquelas compañeiras da Asemblea de Vigo que tiveron o atrevemento de insultalo ( a Pedro ), vilipendialo, linchalo verbalmente... Claro, até aí chegaramos: asasino, impresentábel, "sionista" e un longo rosario de amábeis epítetos que prefiro non enumerar por pudor organizativo, chegando algún ao delirio pedindo que a bomba atómica do Irán se botase sobre o Israel para excelso balbordo e aplauso dos que estaban producindo semellante acto deleznábel, inxustificábel; agardo a dirección tome nota sobre semellantes feitos e aperciba seriamente a estes animados hooligans. O Guillerme axudou ao ambiente dun xeito irresponsábel, todos sabemos dos seus gostos, especialmente, no Berbés vigués, non sei como se atreve. Aos vellos do lugar recórdanos épocas pretéritas ás que xa tiñamos xurado non voltar. 

Incomprensibelmente os compañeir@s responsábeis da organización do BNG en Vigo deixaron facer ao seu antollo a estes compañeiros e compañeiras en pleno aquelarre, logo de ser aprobado un acordo entre as partes en conflicto, ratificado tanto polo Consello Comarcal como pola Executiva Nacional do BNG 

Dentro das formas, se a apertura de expediente fose adiante, agardo así non sexa, polo ben de tod@s e do BNG no seu conxunto...; se fose adiante, digo, espero e coincidirás comigo se nomee un xuíz instructor do caso, un secretario... ( independentes, quero dicer limpos con criterio e coa mans brancas) e se lle dean (a Pedro) todas as medidas garantistas que todos os demócratas queremos para nós. Abundo nisto porque aínda hai pouco o Consello Nacional expulsou a un compañeiro -do Ferrol , lembro- sen a máis mínima, só tivo a contestación da man erguida; non sei como se pode alzar a man tan alegremente, e sen remorsos de conciencia. Vaia papel para a Comisión de Garantías. Bon, xa veremos. 

Dentro do fondo direiche e tamén concordarás comigo que o BNG está composto por unha policromía de ideoloxías, a grande maioría no mundo da esquerda, desde a socialdemocracia até o comunismo -con diferentes matices-. Así tamén os liberais. Mais tamén dentro das organizacións sociais nos topamos cun simpar de compañeiros e compañeiras próximas a elas ou os seus pensamentos que terían cabida ou non na nosa organización segundo quen observe as súas actitudes, temos policías nacionais, temos policía local, membros e parentes do Opus Dei, temos proiraquís, temos proiranís, temos proisraelitas, temos propalestinos, temos procubanos, temos profranceses, temos proportugueses, temos curas, temos cristiáns, temos membros de CCOO, temos heterosexuais, temos homosexuais, temos do Madrid, temos do Barcelona, temos, temos , temos... case de todo. 

Entendo queremos, entre tod@s construír o noso pobo como persoas libres, que poidan discutir e formarse e informarse libremente, meu amigo Carlos, niso cremos.
Carlos, non dubido de que se este sen sentido camiña cara a diante como xa camiñaron moitos outros antes do nacemento do BNG e despois do nacemento do mesmo ( hai pouco, defenestrar ao Manolo Portas con razón ou sen ela mais con moitos... alzando a man e outros acochándose nas silveiras ), mais sempre dentro do noso amado nacionalismo galego, sexamos garantes dun proceso impío e cristalino, mellor non for, mais se for, Xustiza, que menos pedir, verdade amigo Carlos.
(*) Membro do consello nacional do BNG

No hay comentarios: