"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 27 de febrero de 2013

Que é o galeguismo cívico socialdemócrata?


Miguel Barros, actualmente militante en Compromiso por Galicia, foi durante moitos anos a conciencia galeguista do PSdG-PSOE onde militou ate o ano 2006 no que deuse de baixa. Tirado do seu libro Discurso e Tempo (A Nosa Terra edicións 2005) reproduzo aquí un dos seus artigos recollidos no volume e no que reflexiona sobre o galeguismo e a socialdemocracia. Reflexión que ainda que inicialmente pensadas no contexto da eterna batalla perdida pola galeguización imposíbel do PSOE, ten ainda o valor de quen coma Miguel representa o galeguismo nidio e sen fisuras dun bo e xeneroso. Un auténtico luxo para Compromiso por Galicia.

Por Miguel Barros

O X Congreso de PSdG acuñou unha definición que nos parece un achádego inspirado e novidoso. O Partido Socialista de Galicia leva moitos anos á procura dunha definición precisa e críbel que permitise aos electores a identificación nidia do proxecto político socialista. Nesta ocasión estivo afortunado. E de sobra coñecido que a socialdemocracia é unha doutrina política que tentou con éxito un programa de reforma social dende o respecto á liberdade. O socialismo democrático persigue o acrecentamento dos niveis de xustiza distributiva da riqueza entre os dous protagonistas máis importantes do proceso de produción. O equilibrio das rendas entre capital e traballo, debido á crecente complexidade do sistema económico vixente, fai laborioso o proceso de reparto. A socialdemocracia - versión actual do socialismo primitivo - atopou no gasto social do estado a posibilidade real de reforzo das rendas do trabalio en forma de educación, sanidade, seguridade e cultura gratuitas. O Estado converteuse así nun instrumento de redistribución e equilibrio da riqueza producida. A pesares disto, no capitalismo moderno, as necesidades de inversión de capital en tecnoloxía e innovación son cada vez máis apremiantes e por conseguinte o factor traballo perde posicions de interlocución fronte o capital, sobre todo debido á oferta voluminosa de man de obra que aportan os países subdesenvolvidos. A posibilidade constante de custes laboráis cada vez. máis baixos incita as empresas a mudar a instalación das súas plantas en función do prezo da man de obra.

A deslocalización é, de momento, a última chaga que ameaza aos traballadores dos países industrializados e aínda mesmo a aqueles pouco industrializados. Pero se todos istes problemas xa son coñecidos. que nos aporta a socialdemocracia galega ao definirse como galeguista? Con esta definición o socialismo galego asume os postulados do galeguismo, e na medida en que o galeguismo madura como pensamento político ao tentar a búsqueda de solucións para un espazo económico e cultural singular, nesa medida, o socialismo galego deveu galeguismo. Neste país no que o reparto da propiedade é abusivo e no que a cativez do capital xerou históricamente un permanente exceso de man de obra que emigraba en busca de traballo, o novo socialismo galego ten un desafío programático certamente apaixoante. A dependencia económica de Galicia do sector primario fixo a nosa terra moi vulnerábel á política cíe aranceis, que ao gravar as importacións de cereais, afectaban gravemente a nosa economía na medida en que encarecían ao mesmo tempo o pan para a xente e o forraxe para o gando. O galeguismo pulou sempre polo librecambismo mentres os cerealistas casteláns e os industriáis cataláns eran proteccionistas. Estas singularidades da nosa economía abondan para xustificar a necesiclade de políticas económicas específicas. O galeguismo é a expresión política dunha necesidade económica e social. Liberar á terra minifundiaria dos gravames e liberar os labregos, amarrados as grandes propiedades, dos xuros e gavelas que os mantiñan na miseria, eran os seus anceios fundamentáis. Esta misión política do galeguismo foi primeiro rebeldía intelectual e callou clespois en forma de instrumento político para a búsqueda de solucións axeitadas ao País, fronte as que arbitraban os centros de decisión alleos radicados en Madrid. Galeguizarse é, xa que logo, tomar conciencia dos problemas e comprometerse na loita política para achegar solucións.

A galeguización da socialdemocracia era unha evidencia, ademáis dunha necesidade política. Pero tal evidencia e necesidade quedar asoballadas polos éxitos electorais do PSOE. As Vitorias socialista.derivaron na errada conclusión de que en Galicia tamén se producirían os mesmos éxitos, sen necesidade de ter que facer ningunha adaptación a singulariclacle do noso país galego. O recoñecemento da identidade que está implícita na definición galeguista. queda avalada por un proxecto de Estado que respecta a diversidade e a pluralidade nacional de España, e que o Partido Socialista ten asumido dende a Declaración de Santillana. As identidades afirman e recoñecen a diferenza das partes constitutivas do Estado. A defensa da identidade nacional é un acto de liberdade e dereito primario a ser un mesmo e a ser recoñecido como propio e singular. O galeguismo é, por outra banda, un compromiso moral, que implica a valoración substantiva do noso patrimonio cultural. O idioma e a cultura galega conforman a expresión concreta da nosa. reatilidade colectiva, e son, por iso mesmo, marcas distintivas do ser de Galicia. O civismo reflicte os dereitos individuáis, e ao falar de dereitos individuáis temos que apelar á igualdade como característica fundamental do dereito de cidadanía. Dende a perspectiva da cidadanía a identidade non pode constituir un privilexio.

Os socialistas galegos ao defender a identidade como dereito colectivo non pretendemos o incremento dos nosos dereitos, senón o respecto do noso feito diferencial. O galeguismo cívico atende a solidariedade con todos os cidadáns, que desde a diferenza, comparten dereitos comúns como individuos dun mesmo Estado. Reclamar o reparto equitativo da riqueza, procurar a cohesión económica e social dos diferentes territorios do Estado, conforman obrigas políticas do socialismo galego, que ao definirse galeguista asume a defensa do interés de Galicia como o seu principal compromiso. A identidade e a solidariedade son os elementos nutricios do Galeguismo Cívico Socialdemócrata, e esta definición do Partido Socialista de Galicia aclara o espectro partidario ao tempo que libera o galeguismo da súa eiva patrimonialista. O Galeguismo Cívico e Socialdemócrata confirma a evidencia que xa significara Castelao: “Por ser galego non podo ser outra cousa que galeguista”.

Xoán Bascuas, Miguel Barros e Rafael Cuíña

Nota publicada no xornal EL PAÍS:
El exdiputado socialista Miguel Barros se incorpora a Compromiso por Galicia
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/12/galicia/1347468855_295161.html

No hay comentarios: