"Girl
from the North Country" non é só unha das moitas grandes
cancións de Bob Dylan, para min é a súa canción término. Non sei
moi ben por que, nin como explicalo, pero dende que a coñezo,
ademáis de formar parte do selecto clube da miña persoal banda
sonora, sempre tiven a sensación de que este é un tema ao tempo,
tanto crepuscular coma de alborada, de comezo e de final. Xa digo que
non sei como explicalo, cousa que realmente tampouco ten máis
importancia, a fin de contas este é só un comentario en facebook.
O
caso é que onte descubrín o video desta magnífica versión do
icónico tema de Dylan na voz de Eddie Vedder e dende onte, cada vez
que a escoito de novo (e van xa unhas cantas veces...) volvo a ter
ese mesmo nó na gorxa como a primeira vez aló polos meus lonxanos
quince anos cando o mago de Duluh, Minnesota, Robert Allen Zimmerman,
regaloume este fermoso poema de amor para unha viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario