Xa que ando na cousa de
dixitalizar a memoria de papel, recupero aquí esta amable carta de
Don Domingo García-Sabell que vinte anos despois volvo a
agradecerlle. Excuso dicir que a miña carta ao daquela delegado do
goberno fora moi cordial e respectuosa. Como certamente foi tamén
cordial e respectuosa a súa resposta. Tempos aqueles nos que as
cartas en papel recibían cortés réplica en cartas de papel...
Pois ben, o pasado día 21 cumpriu 10 anos o Plan Xeral de
Normalización da lingua galega elaborado polo goberno que presidia
Don Manuel Fraga, e que nun fermoso exercicio de consenso, conseguira
a total unanimidade de todas as forzas politicas, culturais e
sociais, aprobando no Parlamento de Galicia o que deberia ser unha
boa ferramenta para a vella lingua de Rosalía no seu nada fácil
camiño no terceiro milenio. Consenso, amabilidade, diálogo, non
patrimonialización, unanimidade... conceptos estes ao meu ver,
impresindibles para nutrir a revitalización do galego. En fin,
cousas que un reflexiona ao reler cartas vellas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario