A agrupación local de Compromiso por Galicia ven de apostar por presentarse en solitario ás eleccións Municipais de Vigo
Miguel Barros e Rafa Cuíña, coordinador provincial de CxG para Pontevedra |
En decisión amplamente maioritaria da súa afiliación de Vigo a formación galeguista decidiu non participar en ningunha “aventura” de novas coalicións e abrir o período de Primarias para candidaturas á alcaldía viguesa.
Segundo Henrique Macías, voceiro local da formación galeguista, a decisión, meditada e debatida na súa asemblea realizada en Vigo onte xoves, foi tomada de xeito moi maioritario pola súa afiliación, que confían no proxecto propio de caracter galeguista e progresista, moi alonxado do radicalismo e populismo das distintas agrupacións e manifestos que se están a presentarse estes días na cidade tentando imitar ao recente éxito electoral de Podemos.
Compromiso por Galicia agradece o interese de determinados colectivos por contar coa súa presenza en novas plataformas e coalicións de cara ás eleccións municipais viguesas, pero considera que a confluencia é imposible xa que a experiencia indica que non se pode construir un proxecto que sexa serio e ilusionante simplemente mudando de siglas, pero coas mesmas ideas e eivas das organizacións e políticos locais “de toda a vida”, que son os que están a impulsar por detrás estes novos manifestos.
Para CxG, Vigo precisa que a alternativa ética que representa Compromiso por Galicia entre na corporación municipal para comezar un proceso de transparencia e traballo colectivo, alonxado da imaxe de prepotencia, corrupción e populismo instalada na casa consistorial con Abel Caballero como alcalde.
Henrique Macías criticou tamén que os partidos da oposición, neste caso Partido Popular e BNG, “estean a deixar, sen nengún rubor, a porta aberta á continuidade do actual alcalde, xa que é palpable o seu abandono da critica construtiva e da fiscalización do traballo do actual equipo de goberno na súa laboura institucional, incomprensible situación para unha boa parte da sociedade viguesa crítica co xeito de gobernar de Abel Caballero, e deixando entrever que “tiran a toalla” nas súas pretensións cara as vindeiras Municipais en Vigo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario