"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 31 de agosto de 2014

Unha nova para a reflexión e das que non chegan aos nosos medios.





As fotos que vedes arriba corresponden ao pasado venres á noite cando unhas 2.000 persoas árabes-israelies asistiron a un mitin que tivo lugar na Galilea, no norte de Israel, sob a convocatoria de: "Gaza venceu". Bandeiras palestinas adornaban o lugar e arredores e entre os presentes atopábanse deputados na Knesset, (Parlamento israelí), unha delas precisamente Haneen Zoabi quen hai unhas semanas desatou unha forte polémica cando fixo unhas declaracións nunha canle da TV israelí nas que afirmaba que os asasinos dos tres rapaces xudeus secuestrados e mortos por Hamas “non son terroristas”. Mentres que pola contra os que asasinaron a un rapaz árabe-israelí en Jerusalém como represalia “si son terroristas”. Dificil de encaixar esta dupla vara da deputada pero a política no Medio Oriente tenche estas cousas...

Pois ben, no acto en cuestión os carteis dos presentes e intervintes dicían entre outras cousas: “Apoiemos as demandas de Gaza" ou "A vitoria de Gaza é un día festivo para nós”. A deputada israelí Zoabi na súa intervención afirmou que: "A oposición palestina e a nación enteira en Gaza derrotamos a Israel”, "A loita do noso pobo frustrou todas as metas de Israel" ou "Esa é a lección, e os israelíes teñen que entendelo, non hai poder militar no mundo que poida derrotar a un pobo."

Ao comezo dicía eu que estas novas non acostuman chegar aos nosos xornais, e non chegan por algo moi simple... por que deixan desmontada e en evidencia a falacia do suposto “aparheid israelí” ou da falta de democracia para os cidadáns árabes-israelies. Mais a falacia, a mentira, por moi clara que sexa pode seguir e seguirá sendo argumento para algúns que entenden que lanzando mentiras e cintas de video se pode deslexitimar o “pérfido” muiño de vento. Alguén imaxina aquí un mitin de Batasuna-Sortu en Bilbo ou Donostia no que se fixeran declaracións equivalentes sobre ETA e a súa vitoria “fronte España”?. En fin, eche o que hai... Esta pasada semana tomando café cun amigo que traballou nun “sindicato de clase” comentábame que “hai xente que non ten pudor a hora de defender a calidade da democracia popular en Cuba ou incluso Korea e criticar logo o estado de apartheid da teocracia sionista”. De traca, pero a según en que foros e lugares cousas así veredes don Sancho. Eses lugares e foros automarxinais non me preocupan o máis mínimo, sonche así para calquera análise da realidade e do mundo, pero si recoñezo que me preocupa que xente moi sensata, intelixente e cunha atinada visión do mundo se deixen levar por este tipo de argumentarios antiisraelis. Ollo! Entendo e a pesar da miñas discrepancias (loxicamente como non podía ser doutro xeito) respecto ás súas posicións por moi críticas ou hipercríticas contra as políticas que poida levar a cabo un goberno de Israel, mais o que non podo aceptar é a burda mentira como animal de compañía. 

No hay comentarios: