Por
Carles Campuzano*
22.07.2013
- www.carlescampuzano.cat
Unha
enorme fatiga cívica atravesa a sociedade froito dunha persistente
crise sen horizontes esperanzadores á vista e con consecuencias para
a cohesión social que durarán moito tempo, da crecente sensación
de corrupción xeneralizada do sistema político e do sentimento de
impunidade respecto os poderosos. As condicións para a “antipolítica
e o populismo” de calquera tipo pode aparecer con moita claridade
Unha ollada cara a Europa dos anos 20 e 30 do século pasado
deberíanos de inquietar. E algo máis, claro. Hai que saber
reaccionar e pasar á acción.
Quen
pense que o paso do tempo porá as cousas ao seu lugar e que agora só
toca aguantar é non entende a forza da corrente de fondo e das
transformacións e cambios sociais que se están a suceder nestes
anos. As cousas non volverán ser nuncaa coma foron antes antes.
Claro que tampouco sabemos como serán no futuro. Deixarse levar pola
corrente nunca acostuma ser a mellor resposta. Toca recuperar con
urxencia a iniciativa.
No
ámbito da renovación democrática dos partidos centrais do país
temos a responsabilidade de concretar unha resposta á fatiga cívica
cunha axenda de reformas posibles e imprescindibles. Os temas son moi
obvios e hai tempos que se traballan: a nova lei electoral que dea
máis forza aos electores que non aos aparellos partidarios; unha
nova lei de partidos que promova a apertura e a transparencia e
garanta a democracia interna, cun sistema de financiamento claro e o
compromiso de non facerse trampas, buscando acabar co cancro que
liquida a vida democrática por todas partes; a regulación dos
lobbys e un marco legal que garanta o dereito ao acceso á
información pública, na liña das lexislacións do restro de
Europa; trátase de tres das principais cuestións que fai demasiados
anos que se arrastran e non se acaban nunca de resolver. E tamén
temos pendentes algunhas cousas que non dependen tanto das leis como
da cultura democrática do país como é a asunción das
responsabilidades políticas perante determinados escándalos que
provocan alarma social.
A
axenda que o President Mas anunciou este pasado inverno, contiña 51
propostas para a rexeneración democrática, mais que precisan dun
novo pulo e dun grande acordo de país para facerse realidade. A
fatiga da sociedade esixe algo máis que boas intencións e palabras
bonitas por parte de todos. E o movemento cívico e democrático en
favor do irrenunciable dereito a decidir que esixe das institucións
catalás un esforzo reformador e ético máis grande, se fai falta. E
é que sen rexeneración non haberá emancipación nacional.
*Deputado de CiU no Parlamento español
No hay comentarios:
Publicar un comentario