Foi no ano 2005 cando a Asemblea Xeral de Nacións Unidas estableceu o 27 de xaneiro como Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.
Porque foi nun días coma ese de 1945 cando as tropas do exército soviético liberaban o campo de exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Este campo a día de hoxe é o Memorial e Museo máis visitado de Polonia (perto de 2 millóns de visitantes no ano 2014), e este mes o Museo, para conmemorar o 70 aniversario da súa liberación, creou o mapa virtual do recordo, onde figuran eventos que terán lugar por todo o planeta para manter a memoria das vítimas que non teñen tumba nun período escuro da historia da humanidade.
O Concello de Moaña a iniciativa de AGAI sumouse con entusiasmo a esta fermosa iniciativa, cunha conferencia do profesor Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e a participación ao seu carón de Annia Herszowski, sobrevivente do Holocausto e Francis Papiernik-Woalanowsky, filla de sobreviventes que residen aquí en Galicia. O acto principal será o venres 30 ás 20:00 horas no Salón de Plenos, mais durante toda a semana proxectaranse dous testemuños realizados por Oscar Galansky en horario continuado dende as 17:00 ás 19:30.
A asistencia ao acto é libre
No hay comentarios:
Publicar un comentario