A propósito da polémica
orixinada polo selfie no que aparecen xuntas entre outras miss Líbano e miss
Israel, dicir que non é a primeira vez que dúas representantes de Israel e
Líbano pousan xuntas como podemos ver nas fotos que corresponden aos anos 1955
e 1993 respectivamente. Por outra banda salientar a resposta (valente) de miss
Exipto, quen decidiu pousar coa rapaza israelí. Unha
imaxe que xenerou un grande impacto en Israel, onde a instantánea foi
cualificada coma “un exemplo”. Tamén reaccionou por exemplo miss
Francia. Insisto que non critico a rapaza libanesa, só reflexiono en voz alta
sobre como pode chegarse a estes extremos de fanatismo tan ridículos. Ainda que
tamén é certo que os fanatismos non teñen nin sentido do ridículo nin límite
extremo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario