"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







domingo, 21 de julio de 2013

Shalom, Shalom...



Cada un é como é. Eu por circunstancias da vida sonche calvo (case, case)  e con lentes. Mais tamén son dos que ten a ben non rendirse nunca (cando menos ate hoxe claro).

Non ten o meu mérito ningún, simplemente non podo permitirme ese luxo, porque non tería liña de retroceso.

E igual que na miña vidiña persoal son un camiñante de longo percorrido (con perdón) no conflito palestino-israelí tamén.

Sei das enormes dificultades que debe afrontar o proceso, as negociacións que estes días reinícian palestinos e israelies, non son ningún iluso. Mais quero crer que un día máis cedo que tarde soará a paz (fria pero paz) e imaxes como a que ilustra estas liñas serán só un mal recordo.

Shalom, fermosa palabriña hebrea que significa ao tempo, ola, adeus e tamén Paz.

No hay comentarios: