"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 29 de julio de 2013

A condición humana

 
Supoño que é a condición humana. Somos asi, para o bo e para o malo. Capaces de xestas e de infamias. Por iso estes días tampouco me extraña tanto a aparición en medios (que son só un reflexo amplificado do que nós como consumidores demandamos) da polémica sobre a responsabilidade (de quen) na traxedia de Santiago. 
Agora todos somos expertos en sistemas de freo e navegación. Todos podemos alegremente outorgar a carga da culpa ao maquinista, á empresa, ao Ministerio... 
Pois eu confeso que non teño nin idea. Podo ter algunha tendencia inculpatoria pero prefiro deixala no meu caixón de solucións para todo. Resulta evidente como a ideoloxía e o partidismo marca a posición de tanta xente. A empresa e culpable por ser empresa. (ou o contrario) . O maquinista é inocente por ser un currante (ou o contrario). Eu non sei, confio na investigación aberta e desexaría que todo tivese sido só un brutal pesadelo. Mais non foi un terrible mal soño e nel si morreron de verdade ducias de persoas. Asi que eu non direi nada.
Desexar só o mellor para as vítimas vivas e para os seus familiares e parabenizar unha outra vez a todos os que esa negra noite negra de véspera viron mencer nas vías do tren. Por eles e polos falecidos pido mesura, prudencia, sosego e que non caiamos na demagoxía oportunista e carroñeira. Por eles e por nós. Tamén por nós

No hay comentarios: