"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







miércoles, 2 de enero de 2013

Galeguistas históricos


Por Alfredo Conde*
El Correo Gallego - 03.01.2013

"MÉNDEZ Ferrín, no seu día dixo do Parlamento Galego "Serviles, os autodenominados ‘Galeguistas históricos’ entraban no parlamento de Compostela nas fileiras do PSOE para nada facer alí dentro". Non sei, en realidade quen o debe saber é el mesmo, o Groba que asina o texto acabado de reproducir, logo de copialo dun comentario feito ó meu artigo do pasado 26 do mes de decembro.

Qué doado sería pra mín recordar agora quen dispuñeu a inscripción no DOG da partida orzamentaria que dotou dos primeiros trinta millóns de pesetas cos que o Goberno de Galicia, o entón chamado "tripartito" –os trinta primeiros, logo continuados polos que o sucederon– que daquela posibilitaron a actualización e maila continuidade da RAG nunha situación de emergencia total. Qué doado sería engadir a resposta recibida cando, privada, amical e cordialmente, se lle preguntou a quen xa non está en condicións de confirmalo, en qué fora empregada aquela primeira aportación de diñeiro público. Qué doado comparala coa cifra dese millón de euros que agora reclama o actual presidente da RAG, viaxeiro a bordo do coche oficial co que ó millor soñara máis veces das que os demáis supomos. Qué doado sería, tamén, recordar tempos nos que no Parlamento de Galicia non era difícil que se inquirise sobre a utilización de fondos cómo os citados e a xustificación dos seus usos. Qué doado responder á condición de serviles cos que daquela o señor Méndez Ferrín adoptaba agasallar de cando en vez á calqueira que non formase parte do seu ideario. Qué doado, en fin, ir cimentando notoriedade a forza de xulgar, condear ou afear a conducta allea, procurando sempre estar en primeira fila.

Ese mesmo día, no que foi escrito isto que vostedes agora len, a prensa reproducía artigos encol do desaparecido Ceferino Díaz, probablemente a persoa decididamente máis polar a esta que se ven citando no canto de, máis que de expresar con palabras ou xestos histriónicos, cimentar con feitos e construir con solidez a concepción e alumbramento dun país que é o que agora é, non como afirmou MF, gracias á formación política que él lidera, senón ó silente e eficaz traballo de persoas como Ceferino, artifice, xunto con alguén máis, dos galeguistas independentes no grupo parlamentario socialista da primeira lexislatura habida no noso país.

Somos escravos dos nosos feitos, pero tamén das nosas palabras, mesmo das palabras que sobre nós emiten os demáis; por iso ó ler, a esta altura do curso, que Ramón Piñeiro ou Carlos Casares poideran ser serviles obriga a negalo e a pór en evidencia a voz que así os sinalou no seu momento. De Ceferino Díaz, o mesmo falamos mañá; posto que deica hoxe aínda non o fixemos.

* Escritor, Premio Nadal e Premio Nacional de Literatura

No hay comentarios: