Por Vladimir Yankelevitch
(En lembranza dos 25 intelectuais xudeus soviéticos asasinados polo estalinismo un 12 de agosto de 1952).
Quen falaría deles se non o facemos nós? Quen mesmo pensaría neles? Na longa amnistía moral acordada aos asasinos, os asasinados téñennos só a nós para pensar neles. Se deixásemos de pensar neles, completariamos o seu exterminio e eles serían definitivamente aniquilados. Os mortos dependen enteiramente da nosa lealdade. O pasado necesítanos para axudar, para lembrarllo a quen queira esquecer. .
O 12 de agosto cumpríronse 60 anos do asasinato sufrido por 25 intelectuais e dirixentes xudeus, os máis importantes escritores, poetas e xornalistas que se expresaban en idish, no período posterior á II Guerra Mundial na Unión Soviética. Foron executados nos sotos do cárcere de Lubianka, en Moscova, logo de soportar indicibles aldraxes, prolongadas detencións nas condicións máis inhumanas e ser condenados baixo falsas acusacións. Estes intelectuais, xudeus comunistas e seculares foron parte daqueles que creron fervorosamente nos grandes ideais da Revolución Soviética. Dos que creron que con ela tamén o xudaísmo ruso atoparía por fin a súa propia liberación, logo de padecer o feroz antisemitismo do período zarista. Peretz Markish, David Berguelson, Der Nister e David Hofstein entre outros, aínda antes da Revolución apoiaron entusiastamente con todo o seu talento e a súa creatividade este proxecto co que pretendian chegarían tempos mellores para a humanidade en xeral e para o xudaísmo en particular. Evidentemente non foi así e en realidade toda esa utopía desapareceu co máis inesperado dos finais para os seus protagonistas. Cumpríronse 60 anos desa traxedia que non debemos esquecer.
A Unión Soviética non existe xa, agora recuperou o seu vello nome, Rusia, e alí vive unha escritora xudía Ludmila Ulitskaya, cuxa vida sintetiza un pouco a historia do comunismo soviético e do que agora sucede en Rusia. Ten 69 anos e atópase entre os autores rusos máis importantes na actualidade e é quizais a máis lida e amada. Escritora de best seller que vendeu millóns de copias no seu país, quince novelas traducidas en todas as linguas. É unha escritora tardía, o seu primeiro libro escribiuno ao cincuenta anos. Considérase un compendio da historia rusa. Atravesou a época dos Soviets e de Stalin, o estancamento brezneviano, a Perestroika de Yeltsin e hoxe o neocesarismo da era de Putin: catro épocas que se sucederon en pouco máis de medio século trastornando cada vez a historia e a sociedade rusa. E cambiando, en especial, a vida dos xudeus."Graduada en xenética na Universidade de Lomonosov de Moscova, auténtica heroína da época esperanzada e sufocante do samizdat, (distribución clandestina de todas as obras literarias prohibidas e censuradas, que eran copiadas a máquina e logo pasadas de man en man): un exercicio subversivo que era pasible de reclusión e que lle custou o traballo. Estivo máis ou menos un ano sen traballar ate que lle ofreceron a dirección artística do Teatro Xudeu de Moscova (aínda que non sabía nada de teatro nin de xudaísmo, nin moito menos de idish ou hebreo)..
Asi que se puxo a estudar o hebreo e os textos sacros, a literatura e a historia xudía. Mentres tanto chega a unha crise existencial total da que sairá morta e renacida, un cataclismo identitario e a construción doutra cunha nova conciencia de se mesma (divorciada do seu segundo marido sen traballo e con dous fillos a cargo. En Moscova non había nada que comer a finais dos anos oitenta). Unha infancia marcada durante o período stalinista (naceu en 1943), dous avós internados no Gulag, pais coñecidos como xudeus «foi un período difícílisimo, Stalin lanzou naqueles anos una das máis feroces campañas antisemitas do seu tempo, culpando aos xudeus de ser traidores, cosmopolitas e novivos para a sociedade. A súa nai, unha médica xudía foi despedida e ela agarrábase ás puñadas cos mozos na rúa.
A vida para eles era cruel, violenta, sucia. Diferente daquela dos avós. «Recordo ao meu avó, sempre cos libros da Toráh nas mans, até a súa morte aos 93 anos. Era un sabio cun corazón inmenso, quizáis un dos 36 Xustos; tamén a súa avoa, unha xudía emancipada, expresaba unha gran estatura ética, capaz de levar os seus principios morais máis alla do autorizado. O outro avó foi a parar ao gulag porque tiña contactos co comité antifascista xudeu e era amigo de Solomon Michoels, un actor carismático, director do Teatro Xudeu, que foi asasinado na rúa». Unha herdanza recollida hoxe por Ludmila.
Nos anos noventa, despois da caída do Muro de Berlín, estalou unha total liberalización dos prezos, ela viviu a caída de Stalin e das ideoloxías, o crepúsculo do socialismo real. Desde principios do século XXI Rusia cambiou, abríronse finalmente as súas fronteiras, a aparición das redes sociais abríronlles a cabeza aos rusos e están a cambiar radicalmente a sociedade. Considera que vivir en Rusia na actualidade é unha elección que se renova cada día, agora son libres, poden irse no momento en que o desexen, moitos se foron, non existe ningunha prohibición respecto diso. Non lle gusta este goberno, Moscova non lle gusta, pero considera que vive inmersa, agora máis que nunca nunha cultura riquisima, dinámica, moi estimulante que lle faltaría se marchara. Estivo en Israel moitísimas veces porque adora ir alí, emociónalle profundamente, comprende cuan difícil é vivir alí e atopar unha solución.
Para ela as raíces do conflito afúndense no pasado, na historia de Abraham, Sara, Agar e Ismael. Cre que se Isaac e Ismael vivisen como irmáns a historia teria sido diferente. Ludmila afirma que coñece todos os matices do antisemitismo ruso e as dificultades de ser xudeu en Rusia. Os xudeus debían de ser moi prudentes a pesar de que o seu xudaísmo fóra fortemente conciente como o foi ela, pero sen posibilidades de vivir xudaicamente porque prohibida toda práctica relixiosa, de calquera signo. Á morte de Stalin houbo un espantoso aumento do antisemitismo, en 1953 cando tiña 10 anos desencadeouse unha campaña de odio contra os xudeus, especialmente contra os médicos, acusados de cosmopolitismo e de complot contra o Estado. A situación da súa nai era moi perigosa porque era médica. Considera que o racismo en Rusia é algo que está moi instalado, existe desde sempre e é violentísimo, é o chibo expiatorio de todos os males, onte tocoulles aos xudeus, hoxe aos caucásicos, aos chechenos, aos xeorxianos, aos azeríes e á súa quenda, aos negros, aos chineses. Para un occidental é difícil comprender cuan afastada está Rusia da concepción democrática. É difícil comprender canto se manipulou desde os poderes centrais o odio popular e azuzar ás masas cara a este branco, ese símbolo polémico que vai cambiando. En Rusia a xenofobia é moi rentable e fácil de manipular, pódese crear desde a nada como sucedía na época dos Soviets co odio cara aos comerciantes ou os kulaks.
O odio cara ao diferente é un fenómeno que existe un pouco en todas partes, en todos os países, pero en Rusia a idea estivo sempre unida ao concepto de que se poden manipular as relacións entre os pobos, construíndolles un muro, deportando cara a outros lugares a poboacións enteiras. A actitude típica dos políticos rusos é crear e fomentar o "odio de Estado". Hoxe diríxese cara aos caucásicos e os xeorxianos e de novo cara aos americamos, por que?. Porque os xeorxianos son traidores, din os rusos, fixeron a Revolución, cortaron o cordon umbilical con Rusia dun modo moi conflitivo. Os caucásicos son o símbolo da caída de Moscova e do Imperio Ruso e por son odiados por todo iso. Hoxe hai de feito unha verdadeira caza dos caucásicos: porque son a proba tanxible dunha gloria e unha primoxenitura perdidas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario