Chegoume un fermoso e evocador galano de Viena. Un fermosísimo libro, testemuña dun mundo que foi e xa non é. Arrincado pola barbarie nazi durante o III Reich, con el desapareceu tamén parte da alma de Europa. Este libro reune fotografías de shtetls (aldeas) de Galicia e Bukovina, as dúas terras máis ao leste da coroa do Imperio Austro-Húngaro. O termo "shtetl" non é só un termo xeográfico utilizado para designar a área no leste de Europa, que foi o fogar da poboación xudía, senón que tamén refírese a unha comunidade de persoas que comparten a mesma orixe, a mesma lingua, a mesma relixión, as mesmas leis e no horror da Shoáh...a mesma final. .
Hai moi pouco material histórico sobre a vida nos shtetl. Aos xudeus ortodoxos non se lles permitía ter fotografías tomadas de si mesmos. Este libro reune fotografías do arquivo da familia de Claudia Erdheim e inclúe fotografías de coleccións privadas, así como dos arquivos da propia editorial. Un libro repito, fermosísimo, dunha fonda e ferida tristura que agora está tamén aquí, na outra Galicia. Grazas a Carlos e Ilana pola vosa amizade vienesa..

No hay comentarios:
Publicar un comentario