Annia Horszowsky sobreviviu na Shoah no gueto de Lwow. Alí foron asasinados os seus pais e ducias de familiares ate un total de 37 desaparecidos durante a negra sombra que asolou as Europas.
O pasado domingo tivemos o pracer e a honra de compartir unha xornada inesquecíbel na súa compañía e na da súa Memoria.
Annia falou e contou. Conversou e escoitou. E das moitas cousas que dixo quédome cunha pregunta e unha reflexión en voz alta... "Como é posíbel que
ninguén preguntara por aqueles milleiros de persoas que desaparecían cada
día? É que nunca existiron?" e unha reflexión que é unha enorme lección para
as xeracións futuras: "Hai que contar o que pasou porque o corazón non
se pode ler, cómpre escribilo"
Un bico grande para Annia, nacida polaca e agora xa galega e moitas grazas pola túa enorme lección de optimismo e de amor a Vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario