Se onte 1 de setembro conmemoramos o comezo da II Guerra Mundial coa invasión nazi de Polonia, hoxe 2 de setembro toca celebrar o seu fin. Seis longos anos e un día foi a condena que a Alemaña nazi e o Xapón imperial impuxeron á humanidade.
A derrota alemana a mans do Exército soviético e a derrota xaponesa a mans do Exército americano teñen sen dúbida dúas grandes fotos icónicas. A bandeira vermella ondeando sobre o Reichtag tirada polo fotógrafo Yevgeny Khaldei e o izado da bandeira das barras e estrelas en Iwo Jima nunha imaxe captada polo fotógrafo Joe Rosenthal
A xeito de xustiza poética os dous fotógrafos: o soviético Yevgeny Khaldei e o americano Joe Rosenthal eran ámbolos dous xudeus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario