Todo comezou un 6 de agosto de 1945. Ese
día, Estados Unidos lanza o primeiro ataque nuclear da historia. O
obxectivo escollido foi unha cidade xaponesa con case nulo valor
militar: Hiroshima. Só tres días despois un segundo ataque atómico ten
como diana unha nova cidade xaponesa tamén sen importancia militar:
Nagasaki.
E hoxe, máis de 70 anos despois, o debate sobre a
necesidade militar ou non dos bombardeos nucleares contra a poboación
civil continua aberto. E continuará...
Na miña opinión, só a vitoria final na IIGM "absolveu" ao presidente
Truman e a Estados Unidos de ter que sentarse diante dun tribunal
internacional para render contas da acusación de "Crimes contra a
Humanidade".
Porque incluso se o bombardeo de Hiroshima estivera xustificado, o certo é que os Estados Unidos non lle deron tempo aos xaponeses de considerar e entender o descomunal alcance da bomba antes do segundo ataque contra Nagasaki.
120.000 mortos directos e incontables indirectos ben merecen a nosa lembranza nestes días nos que para eles abríronse de par en par as portas do inferno.

No hay comentarios:
Publicar un comentario