Por Manuel Bragado
Faro de Vigo – 27.12.2016
Hai poucos días a Comisión
de Cultura do Congreso aprobou por unanimidade un texto que solicitaba o apoio
da cámara á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.Apoiada
tamén de forma expresa polo ministro de Cultura, esta iniciativa parlamentaria
é moi significativa, tanto polo feito de que fose consensuada entre a deputada
ourensá do PP Ana Belén Vázquez e o lucense de En Marea Miguel Anxo
FernánVello,un feito até hoxe inédito,como pola súa capacidade de achegar un
novo pulo á cándidatura proposta en 2013 polas deputacións de Ourense e Lugo e
polo ConsorcioTurístico da Ribeira Sacra.Unha vella iniciativa, incorporada hai
dúas décadas ao listado de aspirantes a esta declaración da Unesco, mais
atascada pola complexidade de atopar unha figura de protección axeitada para
este territorio de vinte e un concellos, situado no sueste de Galicia, onde
viven 75.000 persoas.
Un espazo patrimonial de
exhuberante vexetación marcado pola grandiosidade dos seus canóns entre os que
discorren os leitos dos ríos Sil e Miño,en cuxas beiras se desenvolve dende
época romana unha vinicultura heroica (quen pode negar que os viños de Amandi,
a parroquia do concello de Sober,xa eran do gusto dos emperadores?) e se
asentan dende o século XII varios dos cenobios románicos mellor conservados do
país como os mosteiros de Montederramo,San Pedro de Rocas,Santa Cristina de
Ribas de Sil ou Santo Estevo de Ribas de Sil.Esta beira sagrada dos mosteiros e
do virio, como a cualificou o escritor Manuel Garrido, froito de_pregamentós de
millóns de anos, agocha espazos sorprendentes para o gozo do viaxeiro, sexa
polo abraio cromático producido polas vides de mencía e godello amarradas á
pendente da ribeira ou polo asombro provocado pola paisaxe dende miradoiros
panorámicos como os do Cabo do Mundo,doTorrón, do Picotirio, do Cotano,dos
Mouros ou dos Torgás (tamén chamado popularmente"Balcones de Madrid",
xa que dende alí se despedían os afiadores camião da capital), onde os
caprichos do Miño,do Sil e dos seus afluentes debuxan os canóns ondulantes.
Un espazo de beleza sobria
transformado en topos literario por Xabier Quiroga,o escritor do Saviñao, en
novelas como "Atuado na brafia" (2002),"0 Cabo do Mundo"
(2009) e,sobre todolzan o da saca" (2015), a protagonizada por Reiniña, o
taxista e investigador do Saviñao,que despois de seguir a rota das ratas por
Galicia remata de forma apoteósica na parroquia da Cova. Novela que deu pé a un
roteiro literario,"Izan na Ribeira Sacra", organizado polo Centro de
Formación do Profesorado,seguido o pasado 5 de novembro por un cento de
docentes participantes en clubs de lectura que visitaron algúns dos escenarios
da novela como o castro de Marce, a fervenza de Augacaída,as igrexas de San
Martiño da Cova e San Paio de Diomondi, o embarcadoiro e vila de Belesar, o
Ecomuseo de Arxeriz ou as instalacións de Abadía da Cova deAdegas Mou
re,situadas ao pé do meandro do Cabo do Mundo, un dos lugares máis emblemáticos
da comarca.
Protagonismo literario da
Ribeira Sacra consolidado coa publicación de "Todo esto te daré"(na
edición en galego:Todo isto che darei"), a novela coa que Dolores Redondo
obtivo o Premio Planeta.Unha longa narración de case setecentas páxinas sobre
escuros segredos familiares coa que a autora da Triloxía do Val do Baztán (case
un millón de exemplares vendidos en todo o mundo en máis de trinta linguas)
rende unha homenaxe as súas raíces galegas. Como xa fixera coas localizacións
das súas novelas anteriores,Redondo escolleu a sobriedade e dureza das paisaxes
da Ribeira Sacra como o marco máis axeitado para ofrecer unha intriga sobre a
dor da incertidume e contra a impunidade onde son constantes as sorpresas dun
xogo de enigmas dispostos en espiral. Homenaxes que a autora nalgúns casos fai
explícitas, como ao traballo heroico dos vinicultores das adegas Vía Romana de
Belesar, e noutras tece con sutileza na composición de personaxes memorables
como o garda civil Nogueira ou Herminia a caseira das Grileiras, o pazo onde se
desenvolve a cerna da investigación.
Polo sucedido durante os
dous últimos anos no Val de Baztán, é moi probable que esta novela de Dolores
Redondo motive a milleiros de lectores e lectoras de toda España a visitar as
paisaxes da Ribeira Sacra e vivir con plenitude a súa atmosfera.A Ribeira Sacra
transformada en reclamo literario ofrece unha oportunidade que non pode ser
desaproveitada.
http://www.farodevigo.es/opinion/
http://www.farodevigo.es/opinion/
No hay comentarios:
Publicar un comentario