Por Julio Montes Santiago
Faro de Vigo - 08.12.16
Albert Einstein veu dúas
veces a España: a primeira en 1923, no retorno da súa viaxe por Xapón e Israel,
decurso durante o cal recibiu a notificación do Nobel.Foi por iso que a süa
estancia se converteu nun acontecemento académico, social e mediático do cal
gardou sempre unha gratísima memoria.
Por contraste, a segunda
visita permaneceu ignota en case todas as biografías. Levouna a termo en marzo
de 1925. Partiu o día 6 dese mes no Cap Polonio, da Compañía
Hamburguesa-Sudamericana que, nos inicios do século XX, enlazaba ambos os
continentes. Tratábase dun luxuoso vapor de 200 m. de eslora e que contaba con
servizos médicos, salas de fumadores, de lectura, ximnasio, solarium, tendas de
novidades e orquestra a bordo. 0 periplo comezou mal.Enfermou a súa fillastra
Margot, que ía acompañalo, e Einstein tivo que viaxar só. Para ensombrecer máis
ou seu ánimo, un desabrido tempo acompañóu o Cap Polonio desde a partida de
Hamburgo deica máis aló de Boulogne.
Albert Einstein disfrutou
no decurso coa lectura de Os contos de Canterbury, pero tamén mergullou en
densos tratados.filosóficos.Alén diso,estudou problemas teóricos -como aspectos
da xeometría de Riemann ou a teroría de unificación das forzas físicas - e
cuestións prácticas como o deseño dun teodolito.Asi e todo, era persoa afable,
amante das boas conversas:atopou,daquela,dúas persoas coas que departir: o
psicólogo Carl Jesinghaus, profesor da Universidade de Buenos Aires, e Else
Jerusalem, xudía vienesa, aos seus 48 anos Else era escritora de éxito e famosa
polos seus textos feministas, reivindicando a educación sexual prematrimonial
para a mocidade.
A súa actitude desenvolta
fixo que Einstein a cualificase en Vigo, case como "A pantera". Foi
compañeira de mesa e de paseo e incluso lle leu ao científico algunha das súas
obras. Else mantivo a amizade co físico a quen visitou polo menos en dúas
ocasións, en Berlín. O vapor avistou Bilbao o 8 de marzo. O tempo mellorara. Á
chegada á cidade vasca, é dada a grandiosidade do trasatlántico, foi permitido
subir a bordo a numerosos curiosos. Einstein observou aqueles homes cheos de
curiosidade,infantís (sic) e as mulleres con ollos e cabelos negros e panos
anoados na cabeza. Aínda que cumprimentado pola Comandancia de Mariña, a
Compañía trasatlántica, directivos da Minería vasca e o cónsul arxentino,a
prensa lamentou a escasa publicidade de tal agasallo.Varios dos pasaxeiros
deron un paseo por Bilbao, pero Albert Einstein preferiu pasar o tempo tocando
o piano para un grupo de mulleres e mais os seus fillos.
No serán do día 10 o Cap
Polonio arribou a Vigo. "Pola mañá desembarco n´A Coruña; pola tarde en
Vigo, bahía rodeada de illas montañosas e cun fascinante vilar en forma de
pintoresca azotea (Pola tarde conversas sobre lóxica). Riqueza de cores e o
solpor en Vigo, incomparable. O sol do sur embriaga" (Diario, páxina 5). Einstein
refírese, sen dúbida, ás Illas Cies e mais á fortaleza do Castro.
Mais o barco partiu axiña
para Lisboa. A capital portuguesa pareceulle saudosa e como ancorada no pasado.
0 científico deambulou polos mercados,o Castelo e mais o maxestoso claustro dos
Xerónimos.
Os días eran longos e
crecente a nostalxia por Margot. Por iso Albert Einstein, que viaxaba co seu
inseparable violín,reclutou a varios pasaxeiros e tamén ao primeiro violín da
orquestra do barco para formaren un cuarteto de corda e interpretar pezas de
Mozart, Beethoven ou Schubert.
Finalmente, o día 21
arriban a Río de Janeiro. Despois, nas seguintes tres semanas,impartiu dezaoito
conferencias, participando en numerosos agasallos en Buenos Aires,A
Prata,Córdoba,Montevideo e Río. En varias ocasións confesará o seu desmaio. Por
iso o retorno,xa con parcas anotacións, devén rápido. Parte de Río o 12 de
maio, o 28 está en Vigo, pero nin sequera desembarca. 0 31 chega a
Hamburgo:"Por fin libre, pero máis morto que vivo" vén ser a frase
que pecha o Diario. Os médicos prohíbíronlle emprender novas empresas
semellantes. Así, tal e como Jules Verne corenta e un anos atrás ou como
Stephen Hawking oitenta e nove máis adiante,Albert Einstein sentiuse abraiado
pola maxia de Vigo.É posible que a contemplación dos lugares que eles
disfrutaron constitúa tamén un inigualabe estímulo para a liberación audaz da
nosa imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario