Hai unha divertida anécdota da que son protagonistas Álvaro
Cunqueiro e o seu bo amigo José María Castroviejo. Estando os dous de
apaixonada xornada de cata de viños por terras do Morrazo, creron ver nun
brumoso bosque, onde deran por rematados os seus folgos de bo viño e mellor
conversa, un desfile de ánimas en pena da Santa Compaña. Mais á hora de
contalo, Castroviejo atribuíalle á comitiva unha cor amarela palla, e Cunqueiro
pola contra unhas tonalidades máis ben vermellas. Despois dun tempo de
controversia, Castroviejo tirou a seguinte sabia conclusión: ”O que sucede amigo
Álvaro, é que ti estiveches a beber tinto, mentres eu din conta dun dourado Albariño”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario