"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 29 de mayo de 2015

A cheminea e a lóxica talmúdica


 "La disputa"  Maurycy Trębacz (1920-1940)
 

-Supoñamos que dous homes baixan por unha cheminea, un sae coa faciana limpa e o outro coa faciana sucia. Cal lava a cara?" pregunta o rabino
-"Iso é fácil, o da cara sucia", respondeu o estudante.
-"Incorrecto", dixo o rabino. "O da cara limpa. Vexamos: o da cara sucia mira ao da limpa e pensa que a súa cara tamén está limpa. O da cara limpa mira ao da sucia e pensa que a súa cara está sucia, así que el lávase a cara."
-"Outra oportunidade."
-"Volvamos empezar. Dous homes baixan por unha cheminea, un sae coa faciana limpa e o outro coa faciana sucia. Cal lavará a súa cara?", expuxo o rabino.
-"Acabamos de respondelo: aquel coa cara limpa", contestou o estudante.
-"Non. Ámbolos dous lavan a cara", dixo o rabino. "Aquel coa cara sucia mira ao da limpa e pensa que a súa cara está limpa tamén. Pero o da faciana limpa mira ao da sucia, e pensa que a súa faciana tamén o está, entón lávase. Cando o da cara sucia ve que o da limpa lava a súa cara, el tamén se lava. Por tanto ambos lavan a súas caras."
-"Outra oportunidade."
-"Está ben. Dous homes baixan por unha cheminea, un sae coa faciana limpa e o outro coa faciana sucia. Cal lavará a súa cara?", preguntou o rabino.
-"Ambolos dous lavan a súa cara", respondeu con énfase o estudante.
-"Non. Ningún dos dous", dixo o rabino. "Aquel coa cara sucia mira ao da limpa e pensa que a súa tamén o está. O da cara limpa mira ao da sucia, e pensa que a súa cara tamén está sucia. Pero cando el ve que o home da cara sucia non se lava, el tampouco se lava. Xa que logo, ningún lava a faciana”
-"Unha última oportunidade", pediu o estudante.
-"Dous homes baixan por unha cheminea, un sae coa faciana limpa e o outro coa faciana sucia. Cal lava a súa cara?"
-"Ningún", respostou o estudante.
-"Ves agora por que a lóxica non é dabondo para estudar Talmud? Como é posible que dous homes que baixan pola mesma cheminea, un saia coa cara sucia e outra coa cara limpa? Non ves que a pregunta é parva? E se tentas contestar preguntas parvas, a túa resposta será parva".

No hay comentarios: