





A praza do Obradoiro ou a Ferrería en Pontevedra son lugares pétreos e enfeitizantes. Pero a verdade se unha praza de Galicia tivera que escoller... escollería a fermosísima e máxica praza de Fefiñáns en Cambados. En Facebook hai agora unha campaña encetada por Iago Pillado para demandar a súa peonalización. Desde Os Blues que procuran ser sempre propicios, súmome entusiasta á proposta. Deixo aquí o enlace.
.
A Praza de Fefiñáns é un conxunto do século XVI formado polo pazo de Fefiñáns, o Arco Ponte, a Atalaia-Miradoiro e a Igrexa de San Bieito. Recrean unha arquitectura fina e de imitación Italiana. A Praza de Fefiñáns chegaba o mar ate o século XVIII.
.
O Pazo de Fefiñáns foi construído no século XVI por Xoán Sarmiento Valladares, conselleiro de Felipe II. Cos anos, pasou a pertencer aos Marqueses de Figueroa, cuxos descendentes mantivérono ate a actualidade. Agora alberga a unha das máis antigas adegas da bisbarra. Nun dos extremos presenta unha torre almenada. O edificio está unido, a través dun arco, a unha leira, na que destacan os carballos.
.
A Igrexa de San Bieito atópase alén da praza. Sobre os restos dunha antiga capela románica, don Gonzalo de Valladares ordenou construír entre 1618 e 1634 esta Igrexa de San Bieito, un belo templo con orixinal bóveda de canón. Baixo dous grandes arcos podemos visitar os sepulcros de don Gonzalo de Valladares e da súa dona.
2 comentarios:
Moitísimas grazas por facerte eco da proposta. Por se alguén se quere sumar á mesma, deixo aquí o enlace.
Apertas!
Não a conhecia, mas é bem bonita, abofé. Cambados é das poucas vilas galegas que me faltam por conhecer, assi que um ano destes haverá que se achegar por ali com qualquer excusa (a festa do alvarinho parece boa).
Publicar un comentario