
"O monoteismo"
Por Baltasar Porcel
" David Ben Gurion, o pai do Estado de Israel, dicíame que desde a antigüidade todos os pobos odiaran a Israel porque tiña un só Deus, mentres eles eran politeístas. E sendo como son as cousas moi complicadas, hai algo que non invalida senón que supera a teoría de Ben Gurion: precisamente os politeístas admiten aos monoteístas, a quen sexa, aínda que os crean uns chalados, pero o monoteísta castiga con canta dureza pode non só ao politeísta, senón a outro monoteísta: cristiáns, musulmáns e xudeus foron, e son en parte, inimigos irreconciliables. O xudeu ortodoxo ate está contra o agnóstico. Cando o cristianismo foi relixión de Estado como é o islam, mostrou a intransixencia habitual dos adaíles da verdade única".
La Vanguardia , 27-XI-03
No hay comentarios:
Publicar un comentario