
Tirado do libro de Primo Levi, Si no ahora, ¿Cuándo?
-Que é o Talmud? - preguntou Piotr - é o voso Evanxeo?
-O Talmud é como unha pota con todo o que un home pode comer - explicou Dov -, pero leva o trigo con casca, a froita con pepitas e a carne con ósos. Non é que estea moi rico, pero alimenta. Está cheo de erros e contradicións, e por iso ensínanos a razoar. E quen o leu todo...
-Vouche a explicar que é o Talmud cun exemplo - interrompeuno Pavel -. Presta atención: dous deshollinadores caen polo conduto dunha cheminea; un sae sucio de hollín, o outro sae limpo. E eu pregúntoche: cal deles irá lavarse?
Piotr sospeitaba que había un truco, e mirou ao seu ao redor en busca de axuda.
-Vaise lavar o que está sucio - respondeu ao fin, armándose de valor.
-Equivócaste - dixo Pavel -. O que está sucio ve o rostro limpo do outro e cre que el tamén está limpo. En cambio, o que está limpo ve o hollín na faciana do outro, cre estar sucio e vaise lavar. Comprendes?
-Comprendo, si. É un bo razoamento.
-Agarda, o exemplo aínda non rematou. Vouche facer outra pregunta: os dous deshollinadores caen unha segunda vez pola mesma cheminea e, de novo, un sae limpo e o outro non. Quen irá lavarse?
-Díxenche que o comprendín. Vaise lavar o deshollinador limpo.
-Equivócaste - dixo Pavel sen piedade -. Despois da primeira caída, o home limpo, ao lavarse, viu que a auga da palangana non saía sucia, mentres que o home sucio comprendeu por que motivo se lavou o home limpo. Por iso, a segunda vez vai lavarse o deshollinador sucio.
Piotr escoitaba coa boca medio pechada, asustado e á vez intrigado.
-E, agora, a terceira pregunta - continuou Pavel -: ambos caen pola cheminea unha terceira vez. Quen irá lavarse?
-De agora en diante, vaise a lavar o que está sucio.
-Outra vez equivócaste. Viches algunha vez a dous homes caer pola mesma cheminea, e que un saia limpo e o outro sucio? Pois mira, así é o Talmud.
No hay comentarios:
Publicar un comentario