"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 6 de septiembre de 2013

Heterodoxia vs ortodoxia


Para quen non coñeza o caso "Éric Herrera", conto que hai máis ou menos unha semana, Éric Herrera foi vítima dunha brutal campaña de boicot e linchamento público (cartaces nas rúas de Manresa, mensaxes e fotografias nas redes sociais, ameazas a súa integridade...) para impedir unha actuación musical nas festas de Manresa. Dicir que Éric Herrera é músico, trombonista e forma parte do grupo 'Amusic Skazz Band" que tiña prevista a actuación no palco das festas. O "delicto" de Éric Herrera? Ter unha visión do conflito palestino-israelí diferente que a que os boicoteadores selectivos teñen e pretenden impor polas boas ou polas malas ("non podemos garantir a túa integridade se decides actuar" chegaron a espetarlle). Éric Herrera é un veterano militante de ERC (Esquerra emitiu un comunicado de condena do boicot) e ademais de socio de ACAI é tamén asinante do manifesto colectivo de Galeuscat-Israel "Pola Paz contra o Boicot a Israel". Para máis información do caso podes ler AQUI

Achego tamén traducido ao galego o artigo que o propio Éric Herrera publicou onte no xornal catalán ARA titulado "Heterodoxia Vs.Ortodoxia".

Este cartaz encheu as paredes de Manresa e as redes sociais


Por Éric Herrera

A favor das persoas e en contra do racismo, doutra banda moi propio de cretinos. A favor da eutanasia e en contra da moralidade inquisidora. A favor do aborto libre sempre que nunca sexa unha fórmula anticonceptiva e en contra do paternalismo de xénero. A favor da homosexualidade -un tema que nin me expoño- e en contra da homofobia absurda. A favor da democracia e en contra dos totalitarismos de dereitas e de esquerdas. A favor da liberdade de expresión e en contra das censuras. A favor de axudar as persoas e as súas empresas e en contra de rescatar os bancos con diñeiro público. A favor da liberalización e en contra da privatización. A favor do ascensor social e en contra dunha economía planificada. A favor da meritocracia e en contra do funcionariado como sistema. A favor que quen teña máis pague máis e en contra dos impostos abusivos para todo o mundo. A favor da responsabilidade social e en contra da fraude a facenda. A favor da responsabilidade individual e en contra da aciaga cultura da gratuidade. A favor da liberdade individual e en contra da intervención estatal excesiva. A favor do libre mercado e en contra dunha economía do monopolio. A favor da combinación entre público, concertado e privado e en contra da nacionalización dos servizos. A favor da separación de poderes e en contra da man negra dos gobernos. A favor do estado laico e en contra da teocracia. A favor da propiedade privada, é dicir da liberdade, e en contra dos soños comunais. A favor da transparencia como alicerce nunha sociedade e en contra da corrupción. A favor da apertura dos partidos políticos e en contra do Partido como apparatchik. 

Sei que ademais a quen teña esquemas cadriculados e unha vida política planificada esta exposición pódelle resultar chocante, pero todas estas pinceladas, toda esta sinxela declaración de principios sen moitas pretensións, concisa e moi xeneralista, non só serveme para exemplificar como entendo un pedazo de sociedade que eu desexo -o xeito de entender o estado do benestar en harmonía- senón para escenificar a heterodoxia na cal un pode vivir dentro dun mundo cheo de matices onde o empirismo demostra ser quen marca o paso nas relacións entre os humanos. 

Dereita? Esquerda? Perdoe, a min non me veña con inventos sinistros da Revolución Francesa esparexidos por todo o mundo latino, ergo, estrafalario. E en todo caso fáleme á anglosaxona que son quen realmente traen a democracia no seu ADN, e dígame de conservador ou liberal, que eu sen dúbida, respondereille que son liberal. Preocúpame, por dicilo dalgunha maneira, a reacción tola que a turba desde tempos inmemoriais tivo contra o sentido común e o diálogo sereno. O insulto fácil da tribo moi acomodada no seu territorio estético contra quen pensa diferente é un problema cultural que hai moito tempo que arrastramos como sociedade neste recuncho de mundo; o anquilosamento ideolóxico é a causa da desorientación política que sufrimos e que nos fai retrógrados como país. Teño amigos que con certeza non estarán dacordo con algunhas das frases escritas máis arriba, pero nunca pensarian en tacharme de fascista e outros improperios máis propios do patio dunha escola, porque entre outras cousas, xa me coido de ter uns amigos enteiros. O que non podo entender é como hai tanto fanático que non sabe comprender nin entomar críticas -por moi duras que sexan- sen ter a necesidade de etiquetarte nun sector ideolóxico concreto. O seu problema -existencial- é que a cova fainos bárbaros da política, e as ramas das árbores non lles deixan ver máis aló da súa estética endogámica. estou farto de salvapatrias e de repartidores de carnés que basean a súa existencia a tachar de nazis, fascistas, sionistas, vendidos ou traidores a todo o mundo que non pense coma eles e o seu esquema mental preestablecido desde hai décadas. 

Como é posíbel que haxa tanto cretino marcando o camiño ideolóxico ao resto dos mortais? Son desquiciados, demodé... Hai xa anos que aprendín que só o empirismo con toques de heterodoxia fai as persoas máis progresistas e adultas, por enriba de sectarismos e da estupidez humana. É só a xenerosidade mesturada co librepensamento e o sentido crítico a fórmula máis acaida para chegar a bo porto. E é que hai que ser moi coidadosos á hora de inventarche unha capela onde o calor dos seus integrantes parece que sexa o único modus vivendi, e aspirar que esta capela sexa o referente para constituír un país novo. Tense que ter moita jeta e moi pouca humildade para pretender que che siga todo un país sen pasar previamente polo sufraxio universal. Os mesias divinos hai tempos que pasaron de moda, non sei se me explico...

martes, 3 de septiembre de 2013

Shaná Tová uMetuká! Feliz Aninovo 5774!


Son sempre os días de aninovo propicios para os bos desexos. E nestes días de Rosh Hashaná queremos de todo corazón desexarlle aos nosos caros amigos xudeus, que o ano entrante de 5774 sexa un ano bo e xeneroso tanto no plano persoal e familiar como para toda a comunidade xudía en Galicia e no resto do mundo. 

E que de aquí nun ano a Paz estea por fin máis próxima en Israel

Shaná Tová uMetuká! Feliz Aninovo 5774! 

Maribel e Pedro 
 

sábado, 17 de agosto de 2013

Ruinas en Homs




Semella un decorado dixital para unha película apocalíptica made in Hollywood, pero é brutalmente real. Trátase dunha fotografía aérea da cidade siria de Homs, a terceira cidade en importancia do país e bastión ate agora dos opositores ao réxime. Despois de máis dun ano de cerco e bombardeos diarios, o exército sirio, apoiado por Hezbolláh, lanzou a súa ofensiva hai aproximadamente un mes. Segundo informou a televisión oficial siria, grande parte da cidade foi tomada polas tropas do réxime tras meses de encarnizados combates. A destrución de moitos dos barrios máis importantes da cidade é absoluta; a presenza humana (viva), inexistente.  Podes ver máis imaxes aquí:
 

miércoles, 14 de agosto de 2013

A Peneira - Agosto 2013 - nº22


Os cataláns amigos de Israel e os nosos antisionistas


Eu mesmo (esq) Jaume Renyer e Jon Iñarritu (dta) 
Por Jaume Renyer
Publicado en PER L´ESQUERRA DE LA LLIBERTAT
13 de agosto de 2013

Agora fara un século, a raíz do estoupido da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), candoa opinión pública catalá polarizouse entre xermanófilos e aliadófilos, decantándose polos primeiros a xente propensa ao autoritarismo e adicta á orde establecida en xeral. Xunto aos segundo aliñáronse os catalanistas (que mesmo recrutaron voluntarios para loitar no exército francés) e os demócratas de todas as tendencias.
Un século despois outro conflito, o enfrontamento entre árabes e xudeus, confronta antisionistas de todo o abano totalitario (tardocomunistas, neofranquistas, integristas católicos e prol-islamitas) e amigos de Israel de todo o espectro catalanista e demócrata, proxectando nesa pugna as tensións internas da sociedade catalá sob dominación española.

Hoxe, ser xermanófilo ten un significado moi diferente ao que tiña hai cen anos: despois da Segunda Guerra Mundial e do Holocausto provocado polo nazismo e os seus colaboradores, (singularmente o xenocidio perpetrado contra os xudeus europeos), Alemaña é unha sociedade solidamente fundamentada en principios democráticos e de feito é o estado europeo onde os xudeus séntense máis seguros e mellor acollidos. A chanciler Angela Merkel declarou reiteradamente que tratándose de Israel, Alemaña nunca será neutral, asumindo así a obriga moral de reparar o inmenso dano causado aos seus concidadáns xudeus baixo o rexime nazi. Esa actitude contrasta coa política da Unión Europea marcadamente decantada a favor dos países árabes e reticente cara ao proceso de negociación en curso entre Israel e a ANP, auspiciado por Estados Unidos co pleno apoio de Alemaña (como proba o feito que hoxe mesmo o ministro de Asuntos Estranxeiros alemán está en Xerusalén).

Declararse xermanófilo na Catalunya de hoxe é apostar por un modelo socioeconómico orientado á prosperidade e benestar da poboación e baseado na liberdade política e de mercado. Supón querer para o noso país unha seguridade pública eficaz inspirada na concepción policial integral alemá, a que mellor neutraliza as ameazas terroristas que os totalitarismos propician. Pero non é só isto, o nacionalismo alemán contemporáneo fundaméntase na concepción de pobo como unidade cultural, non na artificialidade conxuntural do multiculturalismo e menos aínda en abstraccións dogmáticas, relixiosas, raciais ou ideolóxicas. A catalanidade integradora e dinámica como eixo vertebrador do proceso de construción do estado propio ten moitas potencialidades se adopta o referente nacional alemán. Non é ningunha casualidade que o sionismo, o nacionalismo xudeu, teña elementos en común coa concepción nacional xermánica. En resumo, a potencia emerxente de Alemaña é a única garantía de viabilidade do proxecto de Unión Europea e todos os valores democráticos que en teoría tería que garantir.
Significativamente, os nosos antisionistas son tamén antialemáns posto que ven nela a personificación dos seus obxectivos a derrrubar: o capitalismo liberal e o sistema democrático occidental. A amálgama ideolóxica hexemónica en Catalunya desde hai corenta anos é o progresismo de raíces autoritarias diversas que teñen en común a actitude refractaria cara ao patriotismo catalán. Josep Fontana e Arcadi Oliveras, por exemplo, símbolos autóctonos do dogmatismo marxista e a entelequia católica respectivamente, acabaron achegándose á causa da liberdade catalá pero negándolle sempre valor en si mesma caso de non ir acompañada doutra preferente -o socialismo, o anticapitalismo- sen a cal a independencia non ten para eles interese. E precisamente poñen como exemplo que se a Catalunya libre ten que ser un land alemán non paga a pena moverse de como estamos (é dicir de España). Literalmente coinciden nos mesmos termos con David Fernández, o campión do anticapitalismo e do antisionismo local.

Os cataláns amigos de Israel compartimos a concepción da identidade nacional catalán como a acumulación histórica de lingua, cultura, tradición xurídica e política, ademais doutros elementos evolutivos con sentido da continuidade. Esa concepción integral da nación xustifica por si mesma o logro de institucións de estado para preservar a supervivencia do pobo catalán como suxeito colectivo. Quen non admite o independentismo se non vai asociada a outro obxectivo ou dogma preferente, acúsanos de ser uns reaccionarios, mesmo fascistas, simplemente por manter vivo o nacionalismo integral de Macià, o obxectivo do estado catalán.

O nacionalismo catalán desde os anos vinte até a década do sesenta do século pasado, cando o republicanismo era o eixo vertebrador, mantivo unha forte e clara simpatía cara ao sionismo: Rovira i Virgili, Pau Casals, Josep Pallach chegando até Jordi Pujol, son exemplos capitais. Á posguerra e o xa mencionado progresismo abstracto e refractario á catalanidade defende unha ideoloxía de substitución complementar coa que desde o poder segrega o españolismo. O pobo catalán ten vivido na desorientación até agora que empeza a acordar situando a súa propia liberdade como obxectivo prioritario por diante de quimeras alleas.

Anticatalanismo e antisionismo, antes e agora, irán sempre vencellados, só hai que ver como os neofranquistas afirman que o sionismo está a mover os fíos do independentismo catalán. Resulta contra-natura a obcecación do progresismo autóctono para incrustar o seu antisionisme radical, inxertado do vello antisemitismo rancio máis español, co seu independentismo abstracto e circunstancial. Defender a liberdade do pobo catalán e á vez a causa palestina é compatíbel, de feito Heribert Barrera, un patriota catalán exemplar sostiña decididamente o dereito dos palestinos a un estado de seu sen que isto implicase compartir as impostures argumentais de tantos pacifistas e solidarios internacionalistas que enchen a boca de odio antixudeu cando falan de Palestina.

Desgraciadamente, non hai diálogo nin comunicación entre amigos de Israel e partidarios da causa palestina, nada máis que culpabilización inquisitorial dos segundos contra os primeiros a trabas dos medios de comunicación que maioritariamente sonlle favorábeis a causa palestina (desde Tv3 a AVUI, pasando por Vilaweb). Esas posicións contrapostas proxectan aparentemente nun conflito alleo as contradicións ideóloxicas que subxacen no interior da soc

Jaume Renyer e Xoán Bernárdez nunha imaxe dun acto en Vigo

iedade e que afloran de xeito a miúdo distorsionado no debate político e estratéxico inmediato, focalizado no conflito entre o pobo catalán que aspira á liberdade e a orde española que afana en manterse.

De feito, insconscientemente, discútese sobre o modelo institucional e os valores da Catalunya de mañá e bríndase polo éxito desa aspiración que no proceso dialéctico se desenredar a maraña que arrastramos desde o trauma colectivo da posguerra española. Un primeiro punto de encontro podería ser o desexo mutuo que as negociacións que agora retómanse en Xerusalén entre Israel e a ANP prosperen, como así queremos os amigos de Israel e terían que compartir os verdadeiros amigos dos palestinos, non os que só procuran baixo ese disfrace a destrución de Israel.