Hoxe día de Reis, quero dedicar unha lembranza moi especial ao que fora o meu agasallo favorito de infancia, e que finalmente perdido no implacábel combate co tempo desaparceu non sei cando e sen deixar rastro. Agardo si, que estea onde estea o meu benquerido forte de mil e unha historias e batallas, siga a cumprir fielmente a súa noble misión de protexer as damas que viaxan nas caravanas por terras abertas, inhóspitas e salvaxes.
"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen
lunes, 5 de enero de 2015
martes, 23 de diciembre de 2014
domingo, 14 de diciembre de 2014
Por que, para que e como dunha 2ª Caixa de Aforros para Vigo?
Se tes interese, ou simple curiosidade por saber de
que vai a proposta de creación dunha segunda Caixa de Aforros para Vigo e area
metropolitana, este venres ás 8 tes unha cita no Auditorio do Areal, o que en
tempos era o Reitorado na esquina da rúa Oporto e Areal. A proposta está
pensada na realidade cotiá da pequena empresa, do comercio e dos vigueses e
viguesas de a pé moitas veces afogados por falta dun simple pequeno crédito.
Unha proposta lanzada en positivo, construtiva. Ao remate haberá tempo para un pequeño
coloquio no que poderas cuestionar, aclarar, apoiar ou dubidar o que teñas a
ben. Non faltes e saúdame que xa sabes que eu de vista moi sobrado non vou…
martes, 9 de diciembre de 2014
lunes, 8 de diciembre de 2014
lunes, 1 de diciembre de 2014
jueves, 27 de noviembre de 2014
miércoles, 19 de noviembre de 2014
Lugares da Memoria: Sober, nas Terras de Lemos
No Concello lucense de Sober, nas Terras de Lemos, concretamente na parroquia de Doade. Lugar polo que na Galicia romana pasaba a Vía Nova que unia Braga con Astorga. E no que hoxe, un austero sinal indica a distancia de lugares da nosa Memoria Historica como galegos e cidadáns de Europa. Distancia física, xa que a distancia de sensibilización en alguns casos é infinitamente maior.
martes, 18 de noviembre de 2014
Conferencia-coloquio en Vigo: "El yihadismo, la amenaza del Siglo XXI".
O vindeiro martes día 25 ás 20:00 horas no Auditorio do Areal (antigo Reitorado) en Vigo, Conferencia-coloquio da historiadora e escritora kurda Yashmina Shawky Aziz.
"El yihadismo, la amenaza del Siglo XXI"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















