Se tes interese, ou simple curiosidade por saber de
que vai a proposta de creación dunha segunda Caixa de Aforros para Vigo e area
metropolitana, este venres ás 8 tes unha cita no Auditorio do Areal, o que en
tempos era o Reitorado na esquina da rúa Oporto e Areal. A proposta está
pensada na realidade cotiá da pequena empresa, do comercio e dos vigueses e
viguesas de a pé moitas veces afogados por falta dun simple pequeno crédito.
Unha proposta lanzada en positivo, construtiva. Ao remate haberá tempo para un pequeño
coloquio no que poderas cuestionar, aclarar, apoiar ou dubidar o que teñas a
ben. Non faltes e saúdame que xa sabes que eu de vista moi sobrado non vou…
No hay comentarios:
Publicar un comentario