"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 6 de junio de 2014

In Memoriam: Normandía 4 de xuño de 1944


EL PÁIS - Canto tardaron en coñecer en Buchenwald a noticia do desembarco aliado en Normandía?

JORGE SEMPRÚN - Coñecémola o mesmo día. As once da mañá empezou a correr a noticia; ao mediodía sabíase con certeza. Cando os grupos de traballo regresaron, a nova difundiuse entre os 50.000 deportados que estabamos no campo. E ao pasar lista xa o sabía todo o mundo. Porque os presos saían a traballar ás fábricas ao catro e non se regresaba até o seis da tarde, cando tiñamos o pase de lista. Era un momento que os nazis aproveitaban para practicar o seu sadismo, sobre todo se nevaba ou facía frío. Neses casos tíñannos esperando de pé durante dúas horas. E como o rancho viña despois e non comeras nada dende as catro da madrugada, imaxina como esperabas que aquilo rematase. O día do desembarco, a xente estaba alí, de pé, agardando pasar lista, pero xa sabiamos o que sucedera. E por iso aquel pase de lista foi un festexo. Os alemáns, que se deron de conta, alongárono para castigarnos, pero, curiosamente, iso permitiu que o festexo se prolongase. Notábase en algo, aínda que a xente estivese firme e en silencio. Lembro que até os máis derrengados camiñaban cheos de empaque.


* Tirado dunha entrevista publicada no xornal EL PAÍS o 6 de xuño de 1994

martes, 27 de mayo de 2014

Manuel Colmeiro e Israel

En novembro de 1948, publica o pintor e galeguista exiliado en Buenos Aires, Manuel Colmeiro unha carta na revista DAVAR, voceiro da SHA (Sociedade Hebraica Arxentina) de agradecemento á comunidade xudía.

Colmeiro tiña xa exposto as súas obras nas salas da HEBRAICA e toma entón a decisión de doar unha delas ao nacente Estado de Israel. Na devandita carta escribe: "... y como reconocimiento del apoyo de la comunidad judía a la causa republicana española, ofrezco una obra mía, el óleo "Sega" para que disponga de ella a favor del Estado de Israel".  

SEGA (1932)

miércoles, 21 de mayo de 2014

Tenebroso apartheid israelí


Un exemplo máis do tenebroso apartheid israelí... Yasmin Hayek, cidadá árabe-israelí, ven de rematar hai uns días o Curso Superior de Oficiais da Academia Militar de Israel. Igualiño igualiño que na Sudáfrica do apartheid onde como todo o mundo sabe, os negros (non eran nin cidadáns nin de cor) podían estudar e licenciarse na Academia militar xunto compañeiros brancos...


sábado, 3 de mayo de 2014

Anatomía educativa?


“Estou moi orgulloso porque os cativos recibiron unha fantástica ensinanza de anatomía, algo que non verían nunha foto”. Stenbaek Bro, director do zoolóxico de Copenhague. 

De pouco serviron os milleiros de sinaturas recollidas e as queixas de organizacións para a protección dos animais. O zoo de Copenhague ven de sacrificar a Marius, unha xirafa de dous anos, alegando “que tiñan que evitar futuros problemas de consanguinidade. A finalidade do zoo é asegurar que os mellores xenes pasan ás xeracións vindeiras”. Os nenos visitantes do zoo foron convidados a ver como esnaquizaban á xirafa e a súa carne era logo arroxada aos leóns. Cousas que poden suceder en Dinamarca

domingo, 27 de abril de 2014

Hai agora vinte anos

Sempre digo que para min o basket é coma unha relixión laica. Sen ánimo de ofender a quen poida considerar excesiva esta afirmación miña. Pero que lle vou facer, así o sinto. Aprendín a amar o basket acompañando de cativo a miña nai mentras ela calcetaba mirando na TV en branco e negro ao mítico Real Madrid dos Brabender, Luyk, Emiliano... no inesquecibel Torneo de Navidad. Cos anos reparei en que na cancha do Joventut de Badalona había debuxado no seu parqué só liñas de baloncesto... e dende aquela sonche da Penya. Nos bos e nos malos tempos. Tempos de gloria e tempos case de caída no inferno. Pero o equipo verdinegro sempre saiu adiante e voltará sen dúbida, antes que tarde, a competir en todo, para todo e con todos ao máximo nível. E si, nin o Barça nin o Madrid... o primeiro en gañar unha Liga Europea foi o Joventut de Badalona unha noite do mes de abril de hai agora vinte anos.

viernes, 25 de abril de 2014

Europa a debate en Ponteareas

Hoxe venres día 25 de abril tivo lugar no magnífico Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas a primeira mesa redonda organizada polo Foro Cultural A Peneira. Este primeiro acto tivo como tema de debate as vindeiras Eleccións Europeas.  Moderado polo Director do semanario A Peneira, Guillerme Rodríguez, participaron polo Partido Popular Diego Gago, presidente de Novas Xeracións, por Compromiso por Galicia-CxG Miguel Barros, exdeputado, escritor e histórico galeguista, polo PSOE a deputada Patricia Vilán, polo BNG, César Rodríguez, responsable sector naval na CIG e nº 9 da candidatura e por ANOVA-Izquierda Unida, Juan Manuel Fajardo, deputado de AGE no Parlamento Galego 

Miguel Barros (primeiro pola dereita) xunto a Patricia Vilán, Diego Gago, Guillerme Rodríguez, Cesar Rodríguez e Juan Fajardo

Miguel Barros nun momento da súa intervención