"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 18 de octubre de 2019

El café Lira de Moscú

 
Un grupo de mozos moscovitas nas escalinatas do café en 1974.
O Café Lira, era un punto de encontro moi coñecido e emblemático entre os moscovitas da época soviética. Inaugurado nos anos sesenta, dividíase nun bar e unha coctelería situados en andares diferentes e comunicados por unha escaleira interior. Cunha decoración austera pero moi agradable, o Café Lira ofreceu durante todos anos unha panorámica extraordinaria do final do bulevar Tverskoy e do comezo da praza Pushkinskaya, grazas a uns grandes ventanais.
Nos anos setenta converteuse no espazo lúdico preferente entre a mocidade moscovita, atraídos pola súa ornamentación, os seus prezos asequibles e o ambiente liberal que se respiraba no local. Isto fixo que o café fose coñecido e frecuentado tamén por moitas persoas chegadas a Moscova desde outras cidades da URSS. No café Lira podíanse degustar carnes, saladas e pasteis, ademáis dp mítico cóctel Shampan'-kobler -algo así como o "Champán-zapateiro"-, sen esquecer os cócteles Privet, Taran e Kon'yachnyy

Era un negocio de restauración ao que acudían xentes da intelectualidade en busca dunha atmósfera cultural alternativa así como moscovitas de a pé sen máis pretensións que tomar un bo aperitivo ao mediodía ou un té pola tarde. 

Durante as fortes campañas contra o alcoholismo que tiñan lugar na Unión Soviética, os cócteles suavizaronse a base de zumes, leite e outros ingredentes naturais que fixeron medrar o surtido e creatividade da oferta. Tal era o éxito do café que o espazo comenzou a facerse pequeno para a numerosa clientela.

Durante vos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976 comezaron as negociacións entre o goberno soviético e a división canadense de McDonald's, dirixida por George Kohan, para a apertura na URSS dunha franquía da cadea de hamburgueserías estadounidense. A idea foi, por tanto, moi anterior á Perestroika. Con todo, houbo que agardar até 1988 para formalizar o acordo que deixaba o 51% das accións do futuro McDonald's moscovita en mans soviéticas. Ese mesmo ano o mítico Café Lira pechou as súas portas para dar paso ao novo negocio estranxeiro. Tras a súa demolición, en 1989 comezaron as obras que transformaron aquel espazo un tanto retro e kitsch para os gustos capitalistas occidentais nun establecemento acorde cos estándares fríos e pragmáticos dos restaurantes de comida rápida.

Despois de meses de espera, unha pancarta colocada sobre a porta de entrada anunciou a súa inauguración prevista para o 31 de xaneiro de 1990. A pesar do inusual do día da semana -un mércores- a inxente e zigzagueante fileira de expectantes consumidores soviéticos non se fixo esperar. Aquel pobo que ama a poesía como ningún outro, que posúe os mellores teatros e ballets da historia, que fixo unha revolución e alfabetizou a todos os seus cidadáns nunha década, que puxo ao primeiro home en órbita e venceu ao nazismo na Segunda Guerra Mundial, aquel pobo desfilou sumiso fronte ao novo templo do mercado capitalista para probar por primeira vez unhas masas circulares de carne picada como ritual iniciático do novo mundo libre e consumista.

Vinte e cinco anos despois existen en Rusia outras moitas cadeas de comida rápida que acabaron deslucindo ao pioneiro McDonald's. Aínda que o restaurante segue no mesmo lugar, xa non se forman ringleiras de clientes na rúa e sobre a fachada do edificio veciño nin sequera está a letra "M" que marcou toda unha época. A guinda á súa decadencia como marca chegou hai dous anos cando foi clausurado polas autoridades moscovitas debido ás deficientes condicións sanitarias que presentaba o establecemento. Con todo, houbo quen viu en todo iso unha vinganza diplomática polo conflito armado que meses atrás se desencadenara en Ucraína, país apoiado por EE.UU. e a Unión Europea. Sexa como sexa, McDonald's xa non é un símbolo antisoviético nin un emblema da contrarrevolución, senón unha presenza molesta que lembra a diario as sancións económicas coas que Rusia foi castigada por mor dese enfrontamento territorial. Unhas sancións que repercutiron negativamente en toda a poboación rusa e que cambiaron o seu punto de vista respecto de Occidente e o papel que o seu país xoga no mapa xeoestratégico do novo século.
O Café Lira estivo ubicado no 29 da rúa Bolshaya Bronnaya, perto da praza Pushkinskaya. En 1990 o primeiro McDonald's da URSS instalouse no seu lugar




O acolledor Café Lira fotografado na década dos anos sesenta, pouco despois da súa inauguración. A acollida entre os moscovitas foi extraordinaria desde o primeiro día 




O interior do Café Lira en 1969. A súa decoración era plenamente soviética, con lámparas colgantes, grandes cristaleiras, alfombras e cortinas en todas as fiestras. Chamaba a atención a gran cantidade de prantas que había no baixo







Imaxes da entrada do Café Lira tiradas na década dos anos setenta.




Fuente original: MOSCÚ DE LA REVOLUCIÓN



No hay comentarios: