Contaba o mestre John Ford que para realizar unha boa película son precisos tres ingredientes fundamentais... a saber: un bo guión, un bo guión e máis un bo guión.
Natalie Portman escolleu para realizar o que é o seu debut na dirección unha materia prima insuperable pero arriscada. A obra de Amos Oz: “Unha historia de amor e escuridade” (que recomendo a quen non a lera) ofreceulle unha magnífica base e debo recoñecer que Neta-Lee Hershlag foi quen de adaptala cun bo guión e aprobar con notable este o seu primeiro salto tras a cámara.
Gustoume e moito a película, e co voso permiso desde este púlpito a recomendo (se a dades atopades claro está... porque incomprensiblemente a España non da chegado nin en formato dvd). En todo caso e para ir abrindo boca déixovos o seu tráiler subtitulado en portugués xa que en Portugal si foi estreada no mes de maio do ano pasado.
En fin... marabillosa (sempre) Natalie Portman e marabilloso (sempre) Amos Oz
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario