(...) As xuderias galegas
tiveron unha grande importancia na Idade Media e o galego, o xudeu,
ficou no país. Poucos xudeus sairon cando a expulsión na época dos
Reis Católicos.
E un ás veces soña se
nestes xudeus galegos de Tesalónica, tan pobres e humildes, xentes
de pena -que dicía o Profesor Molho- dedicados a carrexar leña e
auga... se ficará algunha morriña de Galicia, destas vilas nas que
el viviu, Monforte, Ribadavia, á beira dos ríos, terra do viño,
onde debeu vivir moi ben e moi tranquilo durante moitos anos.
Entón eu penso que a
estes xudeus podiámoslle dicir un pouco que tamén en Galicia queda
unha certa saudade daquelas xentes, daquelas mulleres de nomes tan
insospeitados, dona Niebla, dona Sol, dona Sorprendida -que debeu ser
moi fermosa, claro!-.
Álvaro Cunqueiro
(1911-1981)
Tirado da entrevista
realizada a Álvaro Cunqueiro en 1978 para o programa "A FONDO"
de TVE
No hay comentarios:
Publicar un comentario