O que a foto non ve. Ese podería ser un título para esta imaxe, unha desas fotografías que ao meu ver amosan máis polo que suxiren que polo que mostran. Un bucólico e acolledor paseo entre bidueiros e carballos, un suave camiño que se perde no horizonte... Isto é o que a simple vista reflicte esta fotografía que tirei hai xa uns maios. Mais á dereita da imaxe, agochada entre as fermosas e altivas árbores aparece unha escura silueta escura que racha coa tranquilidade e o sosego da paisaxe: “Canadá”.
Con dramático humor negro ese era o nome que os prisioneiros dábanlle a este lugar. Prisioneiros do complexo de exterminio coñecido dende aquela co seu nome en alemán de “Auschwitz-Birkenau”. Non falarei agora do que coma galegos, coma europeos, como seres humanos, representa ese monumento á infamia que foi e será por sempre o campo de Auschwitz. A estas alturas da terra e do tempo estou seguro de que todos os que acreditamos na decencia o temos claro.
Pídovos si, por favor, só uns minutos de reflexión. Ollade e viaxade no tempo ao mesmo lugar da fotografía pero 69 anos atrás. Os mesmos bidueiros e carballos de testemuña, a lama, os infinitos vultos que eran nenos, mulleres, vellos, os cans…e os asasinos. O que a foto non ve…pero si conta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario