Por Jaume
Renyer i Alimbau
26 de maio
de 2012
A Cour de
Cassation de Bordeus, mediante sentenza do 22 de maio deste ano, ven de
condenar a unha militante da campaña prol Boicot, Desinversión e Sancións
contra Israel, Sakina Arnaud, por actos discriminatorios contra os cidadáns
israelís polo só feito de seren israelis.
Na República
francesa actúa desde hai anos un organismo que expón accións xudiciais contra
persoas e entidades, cuxos actos poidan incitar ao racismo contra os xudeus e o
boicot a Israel:: Le Bureau National
de Vigilance Contre l'Antisemitisme (BNVCA). Desde hai máis
dunha década, en Francia percíbese o ascenso dunha nova xudeofobia,
pretendidamente e supostamente de esquerdas e solidaria coa causa palestina,
que marcha en paralelo coa emerxencia do yihadismo autóctono que fixo eclosión
brutalmente co asasinato de catro xudeus nunha escola de Toulouse, hai agora
tres meses.
Durante o
mandato do presidente Sarkozy a actuación gobernamental fronte ao racismo
antixudeu e a incitación do odio baixo a aparencia relixiosa foi oscilante e
dubitativa. Só recuperou a determinación para facer respectar os valores
republicanos na fase terminal do seu mandato interceptando a entrada a
territorio francés de imams sauditas en grao sumo integrista. O acceso á
presidencia da República foi recibido con esperanza pola comunidade xudía
francesa, sobre todo cando François Hollande fixo público o nomeamento como
ministro do interior do catalán Manuel Valls, un home que demostrou saber como
defender a liberdade e un amigo sincero de Israel.
Ese
pronunciamento xudicial ten grande importancia dado que consolida a doutrina
que interpreta os actos de discriminación contra produtos e persoas polo só
feito de ser israelís como feitos delictivos. Pero aínda é máis significativo o
comportamento contrario aos boicoteadores anti-israelís que se exterioriza cada
vez máis firmemente entre os intelectuais demócratas franceses, por exemplo
varios profesores da universidade Paris VIII-Saint Denis que o fixeron público
mediante un artigo a Le Monde, o pasado 17 de febreiro. Francia está a
pasar un momento crítico a todos os niveis, e o rexurdimento de ideoloxías
totalitarias que rehabilitan a colaboración francesa co nazismo á vez que negan
o holocausto contra os xudeus europeos é un perigo que hai que evitar non
soamente desde o poder político senón desde a sociedade civil mesma.
En
Catalunya, o noso antisionismo campa por libre no medio da deorientación das
principais forzas políticas. É por iso que as noticias sobre as sentenzas
xudiciais franceses contra os boicoteadores de Israel teñen o valor dun
precedente caso que se teña que chegar a levar perante os tribunais a quen
promove actos de racismo antixudeu ao noso país. A propósito deste nova que nos
chega de Francia, aínda toma máis actualidade se cabe o Manifesto que un grupo
de cataláns, vascos e galegos demócratas asinamos agora hai un ano a favor da
paz e contra o boicot en Israel. http://contraboicotaisrael.blogspot.com.es/
Posteriormente
o pasado día 24 deste mesmo mes de maio, a Cour d'Appel de Paris ven de condenar a Olivia
Zemor, presidenta da asociación CAPJPO-EuroPalestine
por incitación ao odio e a violencia contra un grupo de persoas, de
nacionalidade israeli, polo simple feito da súa orixe nacional no Estado de
Israel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario