Xornal de Galicia
21.11.2010
http://webdev-xornal.openhost.es/opinions/2010/11/20/Opinion/gustame-cidade-da-cultura/2010112017343000151.html
Coraxe. Xa se pode visitar o estado actual das obras da controvertida Cidade da Cultura anotándose nunhas solicitadísimas visitas guiadas. Despois dunha desas vistas, escribo estas liñas.
Durante os séculos peores, máis negativos e ruíns da historia de Galicia foise construíndo, en camadas sucesivas, a fabulosa Catedral de Compostela. Contemplando agora a beleza do edificio, non é que un se reconcilie con esa historia de negación do país, pero pódese chegar a pensar que aínda ben que cando menos nos quedou este extraordinario patrimonio arquitectónico. Visto o avance construtivo actual (e o resultado) da Cidade da Cultura, penso que deberiamos aplicar ese mesmo razoamento revestido de autoestima a unha iniciativa ( a do complexo do Gaiás), sen dúbida, xeneticamente tinxida de megalomanía. Gústame a Cidade da Cultura. Sei que esta opinión vén resultar polémica, pero permítaseme argumentar.
O resultado arquitectónico é espectacular e dunha beleza impresionante. Ao organicismo exterior e ben integrado no entorno, hai que sumar un acabado interior de liñas torturadas e impactantes. Diría que xa só o coñecemento do edificio, aínda que estivese baleiro, xustifica a visita da xente de Galicia e do turismo internacional. Ao mesmo tempo, hai que sinalar unha racionalización do tamaño e ritmos do proxecto. Dous edificios aínda non construídos están aprazados con compromiso de terminación, pero con calendarios indefinidos. A crise e o redimensionamento imprescindible mandan.
Nas previsións actuais de contidos xa se ubican o Arquivo e a Biblioteca. Por certo, nese espazo para uns dous millóns de libros deberá haber sen dúbida unha destacada presenza da obra de Agustín Fernández Paz que, coa súa renuncia a un premio da Xunta, vén de blindar a nosa dignidade cultural (un traballador ilustre da lingua non podía ser alleo ás restricións lexislativas actuais que negativizan o desenvolvemento da súa materia prima). Nas previsións futuras contémplanse a restauración da memoria da Galicia emigrante en códigos de diversidade cultural, un grande teatro modular e outro centro, que esperemos que acolla infrarestruturas para a nosa industria cultural, nomeadamente as vinculadas á creación. Serán dunha centralidade absoluta os criterios que se deben esixir con rigor para as decisións de contidos do complexo.
Nas últimas semanas, padecemos a insoportable violación da aconfesionalidade do estado coa visita do Papa. É vital que Compostela e Galicia asuman con convición a construción e uso desta catedral laica e civil. Non pode haber maior cohesión da cidadanía galega e universal que a especial espiritualidade derivada da arte.
Melancolía. Tamén nestes días, contemplamos por televisión a beleza dos interiores da Sagrada Familia de Barcelona. Un edificio xenial arquitectonicamente pero froito evidente das convicións ultracatólicas de Gaudí. A ninguén se lle ocorriría negativizar a súa lenta terminación. Incorporemos con autoestima e orgullo crítico a Cidade da Cultura ao noso patrimonio nacional (nacional de Galicia, claro).

No hay comentarios:
Publicar un comentario