"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







viernes, 20 de febrero de 2009

Caramba, señor Bermejo!..


Videos tu.tv


O apelido "Bermejo" inspirou hai xa trinta anos a Rafael Azcona, xenial guionista de "La escopeta nacional" (1977), un dos máis celebrados éxitos cinematográficos da transición. E hai ocasións nas que a realidade iguala ou supera a ficción. E hai ocasións nas que a ficción parece intuír acontecementos vindeiros. O divertido e acedo filme de Luís Berlanga é moi invocado estes días á mantenta da cazaría de Jaén na que coincidiron o ministro Bermejo e o xuíz Garzón. Á dereita se pode ver a portada dunha revista de caza de agosto pasado na que o señor ministro lucía moi legal.

No hay comentarios: