"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen
jueves, 14 de abril de 2016
miércoles, 13 de abril de 2016
Adeus Kobe
Dous botes máis do balón laranxa no parqué da xa longa historia do basket.
Hoxe á noite, o formidable equipo da Baia de San Francisco batera o record dos míticos Bulls de lenda... Michael Jordan, Scotie Pippen, Toni Kukoc, Dennis Rodman, Ron Harper... baixo a batuta do mestre Phil Jackson.
E esta noite tamén, após 19 anos ininterrompidos de ouro e púrpura nos seus Lakers de toda a vida, diranos adeus un dos máis grandes xogadores que pisaron unha cancha.
Adeus Kobe. Grazas... e viva o basket!
lunes, 11 de abril de 2016
Primo Levi e Carod-Rovira
Concordo por completo con Josep-Lluís Carod-Rovira. Ler "Si esto es un hombre" de Primo Levi debera ser unha obriga moral.
martes, 5 de abril de 2016
domingo, 3 de abril de 2016
Vieiros de Kakania
Nova vista desde a súa privilexiada friestra vienesa de Carlos Penela. Un luxo e un pracer o de poder contar coas súas páxinas debuxadas nos Vieiros de Kakania. Grazas caro Carlos
sábado, 2 de abril de 2016
Resposta a X.L.Méndez Ferrín
Ven de publicar hai un par de días nas
páxinas do Faro de Vigo o escritor e colaborador habitual, Xosé Luís Méndez
Ferrín un artigo no que en conclusión traslada a Miguel-Anxo Murado a seguinte
cuestión: Por qué o Estado Islámico non ataca a Israel?
Vaia por diante que normalmente nin me
molestaría en respostar a quen plantexa este tipo de teorías conspiranoicas, e
moito menos cando semellan directamente tiradas do libelo zarista “Os protocolos dos Sabios de Sión”. Pero
desta volta en consideración de quen é o autor farei unha excepción. Aínda que
honestamente sorpréndeme que alguén que non sexa un antisemita declarado ou
vergoñento (e Ferrín desde logo non o é) poida plantexar unha cuestión así.
Desgraciadamente e moi ao seu pesar
Israel está claramente a vangarda mundial da loita contra o terrorismo.
Escoitámolo por exemplo estes días a raíz do brutal ataque no aeroporto de
Bruxelas e a comparación co que está considerado coma o aeroporto máis seguro
do mundo, o Ben Gurión de Tel Aviv. Que Israel é vangarda antiterrorista é algo
que recoñecen incluso os seus negadores e inimigos viscerais. Arcos de metais,
escáners, gardas de seguridade, son normais en todo tipo de centro sensible de
ser obxectivo do terrorismo. Sumando a estes sofisticados medios a intelixencia
e a experiencia de décadas de combate contra o terror.
Lembremos que entre os inimigos
declarados do estado de Israel están organizacións terroristas islamitas coma
Hamas (Movemento de resistencia islámica) Yihad islámica, Hezbollah (partido de
deus) que teñen “por antigüidade” ventaxa no terreo sobre outras organizacións
terroristas como Al Qaeda ou Estado islámico se estas pretenderan facerlle
competencia e disputarlles o “privilexio” de ser eles os “combatentes do islam
contra o inimigo sionista”. É coñecido como no territorio da Franxa de Gaza
Hamas persigue implacable e ferozmente calquera intento de penetración de
Estado islámico ou Al Qaeda
Pregunta Ferrín porque ISIS non ataca a
Israel nos Altos do Golán. Resulta evidente que se o Estado islámico loita por
consolidarse nos territorios conquistados en Iraq e Siria, non tería sentido
abrir outra perigosa fronte provocando a Israel. Entre outros motivos porque
así como cando Israel vese obrigado a respostar aos ataques e provocacións
terroristas de Hamás ou Hezbollah debe facelo co freo de man posto obrigado
pola crítica, falta de sensibilidade e solidariedade internacional, unha
ofensiva militar israelí contra Estado islámico con certeza atoparía o “apoio”
desta mesma comunidade internacional timorata a hora de enfrontarse cara a cara
aos islamitas.
No ano 2014 un xornalista alemán,
Jurgen Todenhofer, conseguiu infiltrarse e convivir durante dúas semanas entre
mandos de ISIS, e posteriormente contou –textualmente- que “o exército israelí
cáusalles pavor”. Porque os yihadistas saben que "o Exército israelí é
demasiado forte e experimentado".
En definitiva se ISIS non ataca dentro
de Israel o nas súas fronteiras é simplemente porque non pode. O ISIS é salvaxe,
sanguinario e xenocida, pero non imbécil.
Deixo de seguido o seu artigo que tamén
vai arriba en jpg
TEMA PARA MURADO. Xosé Luís Méndez
Ferrín
Faro de Vigo – 01.04.16
0 viaxeiro xentil e desprevenido
sorpréndese, ao chegar a Israel, de que alí haxa xudeus que non parecen xudeus. Pódense ver
cidadáns israelitas de todos os tipos raciais, e axiña o viaxeiro chega á
conclusión que o "aspecto xudeu", esmaciado, fedorento, hepático e
narizón, no que mesmo Vicente Risco acreditaba, só se encoritra nos antigos chistes
gráficos. Sería ben doado que un djihadista con pinta de árabe e acento árabe
nun escaso hebreu en nun inglés de supermercado se coase sen chamar a atención
nunha cidade do país para cometer un crime de masas. Non chamaría a atención,
pois, en Israel, hai numerosos xudeus árabes e con pinta de árabe
caricaturesco. Uns son os que chegaron desde países árabes, nos que se inclúen
os famosos yemenitas que viaxaron a Israel a pé e cruzando desertos en plan
bíblico. Outros son os árabes (cristiáns, musulmáns ou ateos) que gozan da
plena cidadanía israelita, votan libremente nas eleccións e teñen os seus
partidos ben representados nun parlamento pluralista.
En principio, Al Qaeda
ou EI (ou como
se chame) debería odiar máis os israelitas que os belgas. Por qué esas organización
non atentan contra o corazón do que, en termos maoístas, consideraríamos o
inimigo principal a fin de facer evidente a contradicción principal e o aspecto
principal desta contradicción?
Pregunta, a anterior, que ligaría
con esta outra; por qué os djiyahistas ou almorábides contemporáneos non
disparan os seus bazookas nin as súas metralladoras de fita interminable contra
os Altos de Golan que son territorio sirio ocupado por Israel? Por qué o
ensañamento deste exército sombrío se acumula contra o goberno laico,
progresista e nacionalista panárabe de Siria? Preguntas que nos levarían a
aquela que estamos desexando que algún responsa sobre quén arma, alimenta, paga
e marca obxectivos a tan despiedada e numerosa horda.
Morreu, supoño que dominado polo
noxo, o meirande intelectual árabe da miña xeración: Georges Tarabichi. Del
trataremos eiquí, tamén decepcionados polo desastre escuro que arruinou aquela
nación árabe que nós coriecimos formando repúblicas laicas e desafiando o
futuro con optimismo. Un magnífico escritor galego que entende destes asuntos,
Miguel Anxo Murado, ben podería explicarnos por que Israel está protexido nesta
guerra fea
lunes, 7 de marzo de 2016
No 8 de marzo
Hoxe 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. E con certeza asistiremos ao longo da xornada a notas, comunicados de prensa e declaracións aos medios de todos os líderes e de todo o espectro político sobre o sentido reivindicativo do día.
Unha das que confeso agardo con máis curiosidade é a de Pablo Iglesias, secretario xeral de PODEMOS e quen durante anos e ate hai un par de meses, tivo a ben presentar e dirixir un programa na tv iraní en español (HispanTv) e no que nunca xamais tivo unha soa palabra de denuncia da aldraxante situación da muller sob o rexime dos Aiatolás.
Evidentemente que Pablo Iglesias cobrara e ben de Irán pode explicar o seu silencio, pero desde logo non o fai menos infame, nin as súas previsibles palabras de hoxe menos hipócritas. A non ser claro que hoxe faga unha condena da situación da muller en Irán e entón non terei reparo en rectificarei estas liñas.
Vaia dende aquí a miña lembranza neste 8 de marzo ás mulleres iranianas e por extensión a todas as mulleres no mundo islámico.
viernes, 4 de marzo de 2016
Bob Dylan revisitado
Delicioso video que recomendo incluso a non devotos do mestre Dylan. Montado con imaxes tiradas da súa xira de 1966, é unha auténtica gozada.
martes, 1 de marzo de 2016
Un Nobel para Dylan
Robert Allen Zimmerman, o mestre Bob Dylan, é xa un habitual nas quinielas anuais dos Nobel de literatura. En algunha ocasión seica incluso estivo moi perto de acadalo. En fin, non serei eu nin moito menos quen se atreva a afirmar ou negar que Dylan mereza ou non un premio coma o Nobel de literatura, en todo caso confeso que me gusta e moito como escribe. Incluso o seu denostado "Tarántula", coa súa lisérxica prosa poética é para min unha delicia que recomendo a quen non o lera. Déixovos de seguido un texto seu coma pequeno agasallo para un venres calquera coma este.
MI VIDA EN UN MOMENTO ROBADO. Por Bob Dylan*
Duluth es una ciudad minera de Minnesota
construida sobre un acantilado rocoso que lleva al lago Superior.
Yo nací allí -mi padre nació allí-,
mi madre procede de la Cordillera del Acero más al norte.
La cordillera del acero es una larga hilera de ciudades mineras
que comienza en los Grandes Rápidos y termina en Eveleth.
Todavía era pequeño cuando nos mudamos a Hibbing para vivir
con los parientes de mi madre.
Hibbing tiene la mina al raso más grande del mundo
Hibbing tiene escuelas, iglesias, abacería y una cárcel,
se juegan partidos de fútbol entre colegios superiores y tiene un cine
Hibbing tiene coches preparados que corren a todo meter
los viernes por la noche.
Hibbing tiene bares en las esquinas con bandas de polka,
puedes ponerte en un extremo de la ciudad en la calle principal
y ver claramente los límites de la ciudad en el otro extremo.
Hibbing es una buena ciudad,
huí de ella a los 10, 12, 13, 15, 15½, 17 y 18 años
fui cogido y devuelto allí todas las veces menos una
escribí la primera canción para mi madre y la titulé "A mi madre".
La compuse en quinto grado y el profesor me dio un notable.
Empecé a fumar a los once años y sólo lo dejé una vez
para recobrar el aliento.
No recuerdo que mis padres fueran muy cantarines
al menos no recuerdo haber compartido canciones con ellos.
Más tarde fui a la Universidad de Minnesotta
con una falsa beca que nunca tuve.
Estuve en la clase de ciencias y me suspendieron por negarme a
contemplar cómo muere un conejo.
Me expulsaron de la clase de inglés por poner palabrotas
en un papel describiendo al profesor.
También fracasé en la clase de comunicación por llamar por teléfono
todos los días por decir que no podía ir.
Lo hice bien en español más que nada porque ya lo sabía de antemano.
Para advertirme, me admitieron en un club de estudiantes
me dejaron vivir allí y así lo hice hasta que quisieron que me asociara.
Me mudé por dos noches a un apartamento de dos habitaciones
con dos chicas de Dakota del Sur.
Crucé el puente hacia la calle 14 y me trasladé a una habitación encima
de una librería que también vendía malas hamburguesas,
camisas de baloncesto para sudar y estatuas de perros dogos.
Me enamoré apasionadamente de una actriz que me dio un rodillazo
en las tripas y acabé en la orilla del río Mississippi
con una decena de amigos en una casa ruinosa bajo
el puente de la Avenida Washington al sur de Seven Corners.
Este es más o menos un resumen de mi vida universitaria.
Después hice auto-stop hasta Galveston, Tejas en
cuatro días, tratando de encontrar a un viejo amigo, cuya madre
me abrió la puerta de alambre y me dijo está en el ejército,
cuando se cerró la puerta de la cocina
ya estaba atravesando California -casi en Oregón-
en los bosques encontré una camarera que me recogió
y me dejó en algún lugar de Washington.
Fui bailando todo el camino desde los festivales indios de Gallup,
Nuevo Méjico, al Madri Grass de Nueva Orleans, Louisiana.
Con el pulgar al viento, los ojos adormecidos, el sombrero vuelto
y la cabeza dándome vueltas
vagué a la deriva aprendiendo nuevas lecciones
me fabriqué mi propia depresión,
subí a trenes de carga por divertirme
y fui aporreado por diversión.
Corté césped por veinticinco centavos
y canté por diez.
Hice auto-stop en las autopistas 61-51-75-169-66-22
Gopher Road, la Ruta 40 y la autopista de peaje Howard Johnson.
Me encerraron por sospecha de robo a mano armada,
me arrestaron durante cuatro horas acusado de asesinato
me sacudieron por tener el aspecto que tengo
y nunca hice nada de eso
en algún lugar me tomé el tiempo necesario
para empezar a tocar la guitarra
en algún lugar me tomé el tiempo necesario para aprender a cantar
en algún lugar me tomé el tiempo necesario para aprender a escribir,
pero no me tomé el tiempo necesario para hacer todas esas cosas
cuando me preguntan
por qué y dónde empecé, sacudo la cabeza,
muevo los ojos y me alejo confundido.
De Shreveport llegué a Madison, Wisconsin
en Madison llenamos un Pontiac de cuatro puertas con cinco personas
y salimos disparados hacia el Este y
a las 24 horas todavía íbamos por el Túnel de Hudson
salimos de una tormenta de nieve, dijimos adiós
a los otros tres y seguimos hacia MacDouglas Street
con cinco dólares entre los dos pero no éramos pobres.
Yo tenía mi guitarra y mi armónica para tocar
y él las ropas de su hermano para empeñar
en una semana, él regresó a Madison mientras yo me quedaba para
pasar todo el invierno yendo del Lower East Side
al Gerde’s Folk City.
En mayo, hice auto-stop hacia el Oeste y tomé equivocada la autopista
de Florida, desesperado y cansado me apresuré de vuelta a
Dakota del Sur a costa de mantener despierto todo el día a un conductor
de camión y cantar una noche en Cincinatti.
Visité a un viejo amigo en Sioux Falls y me desanimó
me desgarró e hirió duramente ver lo poco que teníamos que decirnos.
Volví a Kansas, Iowa, Minnesota, visitando a
viejos camaradas y a las chicas de los primeros escarceos y
empecé a darme cuenta de que mi camino y el suyo
eran muy distintos.
Me encontré de nuevo en Nueva York a mediados del
verano, viviendo en la Calle 28 con gente amable,
honesta y muy trabajadora que se portó muy bien conmigo.
Me mencionaron en el "Times" después de tocar en otoño
en el Gerde’s Folk City.
Grabé para la Columbia después de salir en el "Times"
y aún no puedo encontrar tiempo para regresar y ver por qué y dónde
empecé a hacer lo que estoy haciendo.
No puedo decirte quienes influyeron en mí porque fueron demasiados
para mencionarlos a todos y podría olvidar a alguno
y eso no sería justo.
Woody Guthrie, seguro.
Big Joe Williams, claro,
pero, ¿y esas caras que no volvemos a encontrar
y las curvas y las esquinas y los atajos
que se perdieron de vista y quedaron atrás.
Y los discos que sólo oíste una vez,
y el aullido del coyote y el ladrido del perro dogo,
y el maullido del gato y el mugido de la vaca,
y el lamento del pitido del tren?
Abre los ojos y los oídos y quedarás influenciado
y no hay nada que puedas hacer.
Hibbing es una buena ciudad.
Huí de ella a los 10, 12, 13, 15, 15½, 17 y 18 años,
fui cogido y devuelto allí todas las veces menos una.
"My Life in a Stolen Moment". Poema incluído no seu libro "Poems, Prose and Other Broken Thoughts" (1962)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









