"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 8 de febrero de 2016

jueves, 4 de febrero de 2016

Hadar Cohen Z"L


Mentres as autoridades e a sociedade palestina non condene, non rexeite nidia e radicalmente o terrorismo -sinto ter que dicilo- mais non hai nada que facer. Nada. Mentres esa postura clara da AP non se produza, a sociedade israelí vivirá obrigatoriamente á defensiva. E será un estéril engano pensar no posíbel reinicio das conversas de paz entre israelís e palestinos.

Porque o prioritario para calquera Estado que teña que render contas aos seus cidadáns, é tentar garantir o seu lexítimo dereito á vida. E a actual onda terrorista palestina que leva provocado perto xa de medio cento de vítimas a súa inmensa maioría civís, anula calquera posibilidade realista de achegamento e de avance cara a imperiosa necesidade de atopar pontes que conduzan, máis cedo que tarde, a resolución do conflito coa fórmula que todos xa ben sabemos: Dous Estados nacionais para Dous Pobos. Un Estado xudeu para Israel e un Estado árabe para Palestina. Este é o resultado que resolverá o nó do conflito, mais as fórmulas para poder aplicalo fican cegadas mentres unha mínima confianza vital non impere entre as partes.

Quen pense que o problema pode resolverse por exemplo chantaxeando a Hierro para que non vaia adestrar a Israel, ou boicoteando cultural, económica, deportiva, politicamente aos cidadáns israelís, e que pense que así vaise conseguir algún avance na procura dunha paz xusta entre as partes, ou ben vive na irrealidade, ou ben realmente non ten interese en colaborar e contribuir na pacificación, só ten interese na revolta e nos neopogrom antixudeus.
Onte unha rapaza israelí, Hadar Cohen, de 19 anos, xunto con outra compañeira que está ingresada en estado moi grave, conseguiron evitar na entrada da Cidade Vella de Xerusalén unha brutal masacre planificada por tres terroristas palestinos que armados con fusiles, chalecos explosivos e machetes, pretendían perpetrar un novo acto de yihad contra os centos de civís que a esas horas entran e saen pola fermosísima Porta de Damasco da Cidade Vella de Xerusalén.

Hadar Cohen faleceu vítima das múltiples feridas que sufriu ao interpor literalmente o seu corpo entre os terroristas e os peóns que fuxían aterrorizados do lugar.

Hai persoas que merecen da nosa gratitude aínda que por vivir e morrer a milleiros de kilómetros de distancia poida parecer que o noso xesto é superfluo ou innecesario.
Hadar Cohen é sen dúbida unha delas. Imposíbel saber cantas persoas hoxe viven grazas a súa valentía, intelixencia e xenerosidade. Hai unha sentenza xudía que di que quen salva unha vida salva un mundo enteiro. Hadar Cohen é unha desas boas e xenerosas que engrandecen a malpocada condición humana.

E dende Galicia, a unha grande distancia física, pero tamén a unha grande cercanía humana, quero enviarlle aos familiares e amigos e a propia Hadar o meu recoñecemento.

Un bico Hadar

lunes, 1 de febrero de 2016

Heroes Animados en Vigo

Interesante exposición en Vigo no Garcia Barbón. Por certo, habería que reivindicar a volta ao seu nome orixinal: Garcia Barbón. Porque o de "Teatro Afundación de Abanca" é absolutamente indixerible



domingo, 31 de enero de 2016

De aquí nun ano Mr.Rotten

En tempos o punk -coma o grunge- provocábame alerxia. Hoxe, paréceme do máis fresco da historia do rock. Así que aproveitando que o amigo Rotten está hoxe de días… de aquí nun ano Mr.Rotten!!

jueves, 28 de enero de 2016

Deica sempre Paul Katner

Paul Kantner, quen fora guitarra na cabina de mando dos lendarios Jefferson Airplane, ven onte de desenchufar o seu amplificador. 
Deica sempre Paul, e longa vida ao rock

sábado, 3 de octubre de 2015

Xornadas en Vigo: "Cinema e Shoah"


Cine e Shoah: de 1933 aos nosos días é unha mostra audiovisual cronolóxica sobre a representación do Holocausto. Estará dividida en dúas xornadas, nas que se proxectarán fragmentos dos filmes máis importantes da historia do cinema da Shoah. 

A primeira xornada (xoves 15 ás 20:00 horas) abranguerá dende a ascensión do nazismo e os comezos da Shoah en 1933 até 1976. "Professor Mamlock", "El gran dictador", "Ninguno escapará", "Hotel Berlin", "La última etapa", "Noche y niebla", "La familia Taras", "El diario de Anna Frank", "La pasajera" e "El otro Sr.Klein", entre outros filmes, serán parte da programación da primeira xornada.

A segunda xornada (xoves 22 ás 20:00) comprende as películas que van dende 1978 até 2014 e poderanse ver fragmentos de "Holocausto", "La decisión de Sophie", "Korczak", Boas tardes, Herr Wallenberg, "Shoah", "Ven y mira",  "La lista de Schindler", "El tren de la vida", "Sin Destino", "La redada", "El secreto de la aldea", etc.

Cabe sinalar que moitos dos filmes que se verán nesta mostra son inéditos e nunca chegaron a estrearse nos cinemas españois. Entre eles, algúns foron especialmente subtitulados para estas xornadas organizadas por AGAI. Un exemplo é "Nepokoryonnye" (La familia Taras) de Mark Donskoy, produción soviética de 1945, na que se fai a recreación do masacre de Babi Yar (Kiev), onde máis de 30.000 xudeus foron asasinados polos nazis en xuño de 1941. Este filme foi rescatado do esquecemento, non hai moitos anos, grazas ás investigacións feitas pola historiadora Olga Gershenson.

O ponente, Ricardo Kukulka Szpindler, presentará cada película, incluíndo relatos, anécdotas e circunstancias que forman parte os seus contextos históricos. Haberá tamén a posibilidade de intercambio de ideas coa participación do público asistente. 

A entrada ás dúas xornadas é de balde
.

miércoles, 19 de agosto de 2015

O xeito habitual de actuar de BDS



"El Rototom Sunsplash reconoce su equivocación, fruto del boicot y de la campaña de presiones, amenazas y coacciones promovidas por BDS País Valencià al considerar que podían alterar gravemente el normal funcionamiento del festival, lo que impidió gestionar la situación con lucidez." punto 3º do comunicado oficial do Festival Rototom.