"Ás catro da mañá, nunca se sabe se é demasiado tarde, ou demasiado cedo". Woody Allen







lunes, 21 de septiembre de 2009

Michael Jordan...


Shepard Fairey quen acadou a fama nos USA e tamén en provincias polo seu retrato de Barack Obama debuxa agora a deus...

domingo, 20 de septiembre de 2009

O soño de Saporta e Díaz-Miguel...


Martín Tello
.
Custou 36 anos, queridos Antonio e Rai, pero ao fin conseguímolo. Campións de Europa. Medalla de ouro e explosión de xúbilo en Polonia. Aquela prata do Europeo de Barcelona 73 foi o comezo dunha nova etapa para o noso baloncesto, o anhelado acceso á elite. Pero negábasenos o chanzo supremo. Tivemos que agardar 36 anos, seis pratas, seis finais perdidas, para conseguir o título, inscribir ao noso baloncesto no palmarés de campións continentais.
.
Foi enorme, Antonio, Rai. Vitoria rotunda sobre Serbia na final e xogo cegador. Todos perfectos. Desde o benxamín Ricky Rubio ao coloso Pau Gasol. Un equipo en plenitude de forza, que aínda vai darnos moitas alegrías. E que venceu nesta final co baloncesto máis brillante e efectivo que se lembra de toda esta competición en Polonia. Imaxino que puidestes ver a final por algún buraco etéreo.
.
O campionato empezou con sufrimento, pero souberon corrixir erros, facer piña e remontar o voo, impulsada polos seus líderes, Pau Gasol, Juan Carlos Navarro e Rudy Fernández. Disfrutades xunto a Segura de Luna, Anselmo López, Arturo Imedio e outros directivos que se desvelaron polo noso deporte da canastra. Sorrides cos berros de Fernando Martín, de Enric Margall, de José Luís Sagi-Vela e tantos outros que abriron a senda. Temos agora a dobre coroa europea e mundial e subcampionato olímpico.
.
Parece un soño. É un soñó. O voso soño, Antonio, Raimundo. Materializouno un marabilloso grupo de mozos que seguro saben moi pouco de vós, pero dos que estades, sen dúbida, infinitamente orgullosos. Antonio, Rai: recollede o voso soño.

As - 21.09.09

Un equipo de lenda...

Jimi Hendrix toca no Paseo da Fama...

Supostamente este señor chámase Anthony Aquarius, e é un dobre de Hendrix que toca na rúa, no Paseo da Fama de Hollywood. Pero eu creo que este tío... que carallo... este tío é o auténtico Jimi Hendrix resucitado!!...



...e o xenuino...

O bico da vida...


Esta imaxe parece a portada dunha revista gay, pero non o é. Foi tomada en xullo de 1967 polo fotógrafo Rocco Morabito, que traballaba para o Jacksonville Journal, e mostra a dous operarios de liñas eléctricas de alta tensión. O entón aprendiz R.G.Champion recibiu unha descarga eléctrica, sufrindo un paro cardíaco. O seu compañeiro J.D.Thompson acudiu no seu auxilio, practicándolle a técnica de respiración boca a boca para tratar de reanimalo. Unha ambulancia recolleuno mais tarde e termino por recuperarse. Grazas a esta fotografía Rocco Morabito gañou o premio Pulitzer en 1968. A imaxe titúlase "O Bico da Vida" (The Kiss of Life).

Pura socialdemocracia...

Sempre a Demencia...


Dedicado ao Bluesman en Dublín

As Cantigas de Santa María...

A representación do xudeu nas Cantigas de Santa María de Alfonso X
Podes descargar o texto en formato pdf premendo na seguinte ligazón:

Receita médica...

Vaia por deus! Eu tomando aspirinas, antiinflamatorios, antiácidos, antidiarreicos, antidepresivos, complexos vitamínicos, ansiolíticos, antitusixenos...